Skip to Content

Novidades

NADAL DE LECTURAS

18/12/2014 00:09
Europe/Madrid

A biblioteca Escolar quere animar aos rapaces e rapazas así como ás súas familias a incluír libros entre os seus desexos e agasallos de Nadal.

E por se pode servir de axuda ou orientación, publica para todos eles estas guías de lecturas recomendadas para o Nadal que todos levarán nas súas mochilas, xunto cos seus boletíns de notas e unha chea de ganas de disfrutar do descanso, a familia e o fogar.

 

Para os alumnos de Infantil e Primaria recomendamos:

 

E para os mozos e mozas de ESO:

 

UN PROXECTO DE PREMIO!

03/11/2014 21:51
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución do Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da Biblioteca Escolar, que convocou no pasado mes de maio coa intención de recoñecer boas experiencias de traballo por proxectos interdisciplinares ou de investigación coordinados ou apoiados pola Biblioteca Escolar.

Os nosos rapaces de 3º de Primaria (agora xa en 4º) xunto coa súa profesora, Mª Josefa Becerra, e sempre apoiados pola Biblioteca, desenvolveron un fermoso e completísimo traballo sobre a Nutrición ao que chamaron Comesán e que presentaron ilusionados ao concurso. Xunto con eles, participaron outros 91 centros de toda Galicia.

Lemos a resolución, nerviosos, e temos a enorme alegría de comprobar que estamos entre os 16 centros galardoados!!!!!

NORABOA, RAPACES, NORABOA, PROFE!

Nada mais fermoso que ver recoñecido o esforzo.

comesan 2014

   

CHEGOU O SAMAÍN AO CPI DE A BAÑA

30/10/2014 17:11
Europe/Madrid

Chegou o Samaín!!!

Tempo de contar historias de medo, comer castañas cos amigos e decorar as cabazas...

Aquí tedes unha pequena reportaxe gráfica de como decoraron o cole os noso pequenos nesta semana de esqueletes, morcegos, sustos e arañeiras.

 

CHEGOU O SAMAÍN on PhotoPeach

INVESTIGANDO SOBRE A NUTRICIÓN

Os alumnos de 3º de EP desenvolveron durante este curso un Proxecto de Investigación, en colaboración coa Biblioteca Escolar, sobre a Nutrición e a Alimentación Saudable.

alumnos 3 EP

Aquí os tedes, felices e satisfeitos despois de expor os resultados do seu traballo e de recibir o merecido premio ao seu esforzo.

Se queredes coñecer máis polo miudo o proxecto ao completo, visitade o blog de Primaria ou o da Biblioteca Escolar.

Estas son as presentacións que elaboraron xunto coa súa profesora, María José:

 

Aqui tedes a reportaxe gráfica da Inauguración da súa exposición: INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA on PhotoPeach

PEQUENOS INVESTIGADORES DE 4º DE PRIMARIA

Os pequenos investigadores de 4º de Primaria, ao abeiro dos Contratos Programa, levaron a cabo un fermoso e completísimo traballos sobre As Plantas Medicinais que vos mostramos para que poidades coñecer todo o que eles aprenderon.

 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA AMANTES DA ANTIGA ROMA

 

Aquí vos presentamos a guía de lecturas recomendadas para todos os interesados na historia e cultura romanas.

Todas as lecturas están á vosa disposición na biblioteca do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut