Skip to Content

Orientación

OS 3 CONSELLOS SEMANAIS DE XAQUÍN

18/03/2020 12:27
Europe/Madrid

Ola  a todos/as. Ante a nova situación excepcional que estamos a pasar , dende o Departamento de Orientación queremos darvos unha serie de consellos  diarios que vos poidan axudar. Moito ánimo e COMEZAMOS:

  1. Non estamos en período de  vacacións así que, é conveniente  seguir cos estudos a diario. Consultade todos os días a páxina web do noso centro, onde atoparedes as distintas tarefas que se propoñen nas materias.
  2. Elaborade un horario real que vos permita adaptarvos ao traballo na casa. Hai tempo de sobra para traballar pola mañá e pola tarde. Non esquezades ningunha materia xa que, ides ter traballo en todas.
  3. Aparte das tarefas, non descoidedes o estudo dos temas que se foron dando nas clases. Recordade que, o que fagades na casa é obrigatorio e que, do temario dado no que vai de trimestre, si se farán exames.

RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ

E se o precisades, escribídeme: denis@edu.xunta.gal

HORARIOS PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

04/09/2019 12:06
Europe/Madrid

Informamos dos horarios do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil entre os días 11 e 20 de setembro.

 

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRADO MEDIO

Publicada a información para a realización das probas de Acceso a Ciclos Medios de Formación Profesional para o curso 2013-2014.

Nesta páxina atoparedes toda a información sobre as mesmas así como acceso a modelos de probas de anos anteriores.

No arquivo adxunto tedes o calendario e, para calquera dúbida, consultade co Orientador ou a vosa titora.

OFERTA CICLOS FORMATIVOS CURSO 2012-2013

Aquí tedes á vosa disposición a oferta de ciclos formativos para este curso 2012-2013.

Profesorado

 

  • Amalia Núñez Vallo (P.T. Primaria)
  • Roberto Núñez Méndez (P.T. ESO)
  • Joaquín Suárez Denis (X.D.)
Distribuir contido


by Dr. Radut