881 86 70 01
Un Samaín de moito medoooo!
14/11/2022 11:17
Europe/Madrid
Neste Samaín pasamos moito medo co marabilloso conto creado polo alumnado do CPI da Baña, dende os máis cativos e cativas até as nosas mozas e mozos da ESO participaron na súa elaboración. O resultado foi tan aterrador coma fermoso.
Tamén pintamos as caras e puxémonos terroríficamente guapas e guapos! Grazas aos amigos e amigas da Asociación FBarcala.