881 86 70 01
Hospital de osiños para infantil e 1º ciclo de primaria
12/11/2022 09:49
Europe/Madrid
Trinta estudantes de Medicina da USC achegáronse esta semana ao noso cole para poñer en marcha o hospital de osiños co noso alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Pequenos e pequenas aprenderon con eles hábitos de vida saudable e tamén a perderlle o medo aos profesionais da saúde.
O alumnado levou cadanseu osiño de peluche, que foi, por un día, paciente dun hosptial moi especial onde foi curado, tratado, diagnosticado e sobre todo mimado e acariñado polos seus médicos por un día.
Esta fermosa iniciativa da USC encádrase no proxecto Teddy Bear Hospital difundida pola Federación Internacional de Estudantes de Medicina.
Aquí tedes as imaxes dalgúns dos momentos desta actividade: