Skip to Content

PRESENTACIÓN CURSO INFANTIL E PRIMARIA

07/09/2022 12:36
Europe/Madrid

Estimadas familias,

Iniciamos un novo curso con ganas e ilusión e por fin sen restricións COVID que condicionen os xogos e actividades dos nosos nenos e nenas.

Organización do primeiro día de clase:

Entrada

Neste curso os autobuses escolares seguirán realizando tres paradas distintas correspondentes a ESO, Educación Infantil e Primaria.

O alumnado de ESO baixará dos autobuses na entrada do edificio principal e dirixirase directamente ás súas aulas, onde os esperará o profesorado que imparta clase na primeira sesión da mañá.

O alumnado de Educación Infantil baixará dos autobuses diante do edificio de Infantil e será acompañado polas persoas coidadoras ata a entrada do edificio, onde lles esperarán as titoras.

O primeiro día de clase (8 de setembro) o alumnado de Educación Primaria baixará dos autobuses no patio de primaria e esperará no patio cuberto a que soe o timbre. Os titores/as irán chamando aos alumnos/as das súas titorías e acompañaranos ata as clases correspondentes.

A partir do luns 12 entrarán nas súas aulas directamente, onde os esperarán os mestres/as cos que teñan clase na primeira sesión. Haberá mestres/as de garda na entrada do edificio para garantir que entren ordenadamente.

O alumnado que acude ao centro en transporte particular entrará ao centro pola súa porta correspondente (Infantil, Primaria ou ESO), podendo ser acompañados polos seus proxenitores e/ou persoas autorizadas, ata a porta do edificio.

Material:

As titoras ou titores proporcionaranlles os listados de material e o horario para este curso.

Non é necesario que traían todo o material o primeiro día, poden traelo pouco a pouco na semana seguinte.

No caso dos máis pequenos, poden deixar o material nunha bolsa co nome en conserxería. Encargarémonos de levalo ata as clases correspondentes.



story | by Dr. Radut