Skip to Content

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE PARA PERSOAS COLABORADORAS VOLUNTARIAS NA ATENCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-23

29/06/2022 11:23
Europe/Madrid

Dende hoxe ata o 7 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023. 

Poderán desenvolver esta tarefa: 

  • nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2022-2023 estudos no centro docente respectivo. Estas persoas non poderán desempeñar as funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos.

 

Ou, con carácter excepcional, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número

suficiente:

  • outros familiares dos alumnos comensais,  ex-colaboradores deste servizo,  persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así  como  persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs).

 

As persoas interesadas en colaborar co comedor escolar deberán presentar na administración do centro a súa solicitude antes do 7 de setembro de 2022.

 

As listas provisionais de seleccionados pecharanse no momento no que se cubra o número de colaboradores necesarios e o Consello Escolar aprobe a súa idoneidade.

 

O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar (nais, pais titores legais ou acolledores familiares do alumnado), será  de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor, con independencia do número de quendas de comedor existentes.

 

Para máis información sobre as instrucións relativas ao comedor escolar no curso 2022-2023, pódense consultar as Instrucións de comedores de Xestión Directa para o curso 2022-2023, no documento adxunto. 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-23.pdf97.64 KB
Instrucion_2-2022_XD.pdf466.93 KB


story | by Dr. Radut