Skip to Content

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Ferramentas dixitais para familias

15/12/2021 14:11
Europe/Madrid

A partir das enquisas realizadas ás familias sobre os seus intereses de formación e en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación, queremos informarvos da sesión de formación que terá lugar o vindeiro LUNS 20 DE DECEMBRO, ás 16:30 h, na aula de informática do CPI de San Vicente. 

A formación será sobre FERRAMENTAS DIXITAIS para familias, en especial para aprender a coñecer e manexar as plataformas de traballo corporativas: Aula Virtual, plataforma E-Dixgal, Espazo Abalar, e tamén outros consellos sobre contas de correo seguras, escaneado e envío de documentos, protección de datos, etc...

Para favorecer a conciliación familiar e que a vosa asistencia non se vexa limitada pola atención aos vosos pequenos e pequenas, a biblioteca escolar permanecerá aberta e atendida mentres dure a formación. 

Non faltedes!!!



story | by Dr. Radut