Skip to Content

ATENCIÓN, CAMBIO DE DATA!: Obradoiro para familias sobre Pornografía e cambios nas relacións interpersoais

11/10/2021 09:23
04/11/2021 09:23
Europe/Madrid

nternet é hoxe a fonte principal da educación sexual da xuventude. O acceso a nova pornografía, a contidos machistas e vexatorios xeneralízase a partir dos 14 anos.

IGAXES, en colaboración co Concello da Baña e a ANPA Vieiro do Ensino, proporciona un obradoiro para familias os días 21 e 28 de outubro de 2021 no Salón de Actos do noso centro escolar ás 18:00 horas.

Os obxectivos desta formación para familias son:

  • Dar a coñecer as consecuencias que este consumo ten nas relacións afectivo sexuais.
  • Promover o desenvolvemento dunha sexualidade saudable, igualitaria e satisfactoria entre a xuventude .
  • Proporcionar estratexias para comunicarnos e falar cos nosos fillos e fillas sobre relacións afectivo sexuais.



story | by Dr. Radut