Skip to Content

La alimentación

Fai pouco, unha pediatra do centro de saúde do noso concello, A Baña, veu a dar  unha charla sobre alimentación ós alumnos/as de terceiro ciclo de Educación Primaria. Estas foron algunhas dás ideas aprendidas polos nosos nenos/as.

- Aprendimos moitas cousas sobre a nutrición e alimentación. O máis importante é facer un bo almorzo para así poder estar fortes para aguantar tódala mañá no cole, facendo mellor as cousas e para poder estar máis atentos ás explicacións dos nosos profes.

-O almorzo é unha comida moi importante para todos porque gracias a él podemos ter forzas para aguantar todo o que facemos no cole.

- Non é bo comer bollería industrial e o pan debe ser fresco, non de molde.

-É moi importante comer verduras e froitas tódoslos días, alomenos tres pezas de fruta e dous de verdura.

- Temos que comer pescado polo menos dous veces á semán e non beber refrescos mentras comemos.

-Non debemos abusar da “comida basura” como pizzas, refrescos ou hamburguesas.

-Para entender todo o que a pediatra nos estaba dicindo, nos mostrou unha pirámide con fotos e debuxos de algúns alimentos. Os que máis temos que comer estaban na base da pirámide, e os que menos, na parte de arriba.

-Tamén nos falou de cómo preparar os alimentos, como por exemplo unha brocheta de frutas variadas e molladas en chocolate, é un truco para que a froita sepa mellor. Na cociña temos que innovar. O mellor é facer experimentos con distintos alimentos e así pasalo ben probando e comendo cousas novas.

-A salmonella é unha bacteria que entra no ovo, e se non se toman as precaucións pódese acabar no hospital ingresado. Para evitalo, debemos lavar ben os ovos antes de consumilos, cascarlos noutro lugar onde non se vaian a batir e sempre que sexa posible, non tomar ovos fóra da nosa casa.

-No verán é moi importante gardar na nevera os ovos, a maionesa, as salsas e demáis, porque podese chegar a formar unhas bacterias que poden ser mortais.

- Ademáis de alimentarnos ben, é moi importante facer exercicio físico como caminar ou correr.

-Toda dieta saudable debe estar acompañada dun bo exercicio físico para que os músculos estén fortes e flexibles, que o corazón sexa máis grande (que creza) e que bombee con máis forza…

-Temos que ter un horario de soño fixo. Polo menos hai que durmir oito horas o día para que se poida rendir o máximo nas clases o día seguinte. 

Con todos estes comentarios poderemos estar máis sanos e  mellorar a nosa calidade de vida. 



page | by Dr. Radut