Skip to Content

A RECOLLIDA DOS ANIÑADOIROS.

ENCONTRO DOS ANIÑADOIROS

O día que tódolos rapaces do colexio da Baña fomos a recoller os aniñadoiros que puxeramos o ano pasado, tivemos que facer varias paradas.

A primeira foi na leira dunha señora. Os profesores decíannos que non corréramos, porque alí había cotos de millo e podíamos caer neles e facernos daño. Unha vez rematado alí, continuamos ata Vilarnovo onde recollemos algúns máis. Logo continuamos un chisquiño máis ata un camiño á esquerda e alí había ¡Catro máis!. Collémolos e seguimos ata o monte, e alí si que había ben deles. Estaban tan arriba nas árbores que ata os profesores tiveron que usar escaleiras para subir a por eles. Nun casi aniñan os paxaros, pero non tivemos moita sorte.

Cando rematamos quitamos fotos con tódolos aniñadoiros que recuperáramos e  merendamos, mentres pasaba por alí un rabaño de pericas e algúns nenos corrían detrás delas.

Cando chegamos ao colexio estabamos cansos pero contentos polo ben que o pasaramos.

Borja (5º de Primaria)

Ver tódalas fotos 



page | by Dr. Radut