Skip to Content

PRIMEIRA CHARLA NA ESCOLA DE PAIS E NAIS

03/12/2019 22:05
Europe/Madrid

Estreamos o noso espazo na Web do cole para anunciarvos tamén a estrea da nosa Escola de Nais e Pais cunha interesantísima charla e coloquio sobre Alimentación Saudable coa doutora Ana Martínez Lorente.

Grazas á colaboración do Centro Autonómico de Formación e Innovación, podemos organizar esta andaina de aprendizaxe. Desexamos que esta sexa a primeira de moitas actividades destinadas a proporcionar ás familias información e consello sobre os temas que máis nos preocupan.

Tamén grazas á colaboración do Concello da Baña, podemos contar cunha monitora na Biblioteca Escolar durante charla, para que as nais e pais que non teñades con quen deixar aos vosos pequenos, poidades asistir e participar na actividade.

Esperámosvos o XOVES 12 de DECEMBRO, ás 17:00 h no Salón de Actos do noso cole. Podedes traer amizades ou veciños/as interesada. Canta máis xente poida aproveitar esta oportunidade, mellor!

CARTEL CHARLA ALIMENTACION



story | by Dr. Radut