Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Domingo Novembro 29, 2020 »
Dom
Start: 29/11/2020 13:10

Este ano escolar 2020-2021 o equipo de Seccións Bilingües contará co apoio dun auxiliar de conversa para mellorar e completar o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Este auxiliar de conversa será un rapaz chamado Matt, que deberá partillar dous centros educativos. Por mor da pandemia, non poderá facelo ao mesmo tempo, polo que o noso centro contará cos seus servicios na segunda metade do curso.

Xa tivemos varios contactos con el e sabemos que ten experiencia noutras escolas galegas, así como que é estadounidense. Este dato deu a idea ao equipo de Seccións Bilingües para organizar un proxecto anual ao redor dos EEUU. Así, ao longo do curso traballaremos as culturas, festividades e celebracións varias deste país dende unha perspectiva artística.

Deste xeito, a primeira actividade do curso foi emular as eleccións presidenciais celebradas este mes de novembro. Para evitar competencias persoais e incentivar o traballo cooperativo, creamos uns carteis propagandísticos por equipos cunha temática en común, a nosa escola.

Tras realizar os carteis, expuxemos un gran mural na entrada do colexio para que todos e todas o puideran ver. Despois, cada neno e nena dos distintos niveis de Primaria votaron polo seu favorito.

Parabéns aos alumnos e alumnas de 5º e 6º polo voso traballo!

Our school is the best!  Sorriso

Start: 29/11/2020 13:56

Durante estas semanas celeboruse no noso centro educativo o I Festival de Cine, onde os diferentes niveis de Educación Infantil e Primaria visionaron distintas curtametraxes de diferentes estilos: animación, documentais, cine mudo...

Para darlle á actividade un ambiente máis cinematográfico, preparamos unha pantalla moi especial para a ocasión, repartimos flocos de millo para os nenos e nenas, entregamos "tickets" como entradas para a sesión, decoramos a sala cun rollo de película moi colorido e, no salón de actos, expuxemos parte da carteleira con murais feitos polos rapaces e rapazas da nosa escola.

Moitos parabéns a todos e a todas porque a actividade saiu moi ben gracias á cooperación e colaboración de profesorado e alumnado!

Agora toca realizar as votacións en cada curso e desexar sorte a todos os participantes deste festival!

Neste vídeo tedes unha mostra do traballo do alumnado e a decoración da nosa particular sala de cine.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut