881 86 70 01
Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 30/10/2020 11:20
No cole da Baña non queremos que o virus nos impida celebrar o magosto, así que, en colaboración coa ANPA e cumprindo con todos os protocolos sanitarios, o venres 30 de outubro comeremos castañas no recreo (se o tempo nolo permite, claro...). Para iso precisamos da colaboración de todas as familias enviando por cada neno/a unha manchea de castañas xa picadas e un recipente para recollelas de xeito individual. Nas aulas de Infantil e Primaria xa están elaborando os seus cucuruchos personalizados, pero pregamos que o alumnado de ESO traia para ese día un recipiente para recoller as súas castañas, que pode ser un sinxelo brick de leite valeiro e cortado pola metade. O reparto das mesmas farao o profesorado nas zonas de recreo asignadas a cada grupo e respectando en todo momento as distancias de seguridade e as medidas sanitarias que marca o protocolo COVID de centro. Se algunha nai ou pai quere colaborar coa preparación das castañas e a distribución das mesmas en caixas por cursos, pode comunicar coa ANPA (ampavieirodoensino@gmail.com) ou coa dirección do centro para coñecer os detalles de organización. |
![Events at <em>CPI de San Vicente da Baña</em> Distribuir contido](/centros/cpisanvicente/misc/feed.png)