Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xuño 02, 2020
Start: 02/06/2020 11:25

Outra das actividades que fixemos durante o confinamento, debuxos plegables que nun principio representa un animal e ao desplegalo... sorpresa!

Aquí temos algúns exemplos que quedaron ben chulos!  Guiño

     

     

     

     

     

     

 

Mércores Xuño 03, 2020
Start: 03/06/2020 12:46

Novo traballo en Plástica neste confinamento.

Colocando as nosas mans de diferentes maneiras, debuxamos as súas contornas para despois ir ao detalle e elaborar debuxos de animais, plantas...

Unha maneira creativa de levar a cabo debuxos de calidade sen a necesidade de que se nos teña que dar ben o debuxo. Risa

     

     

     

     

     

                              

 

Xoves Xuño 04, 2020
Start: 04/06/2020 11:45

Se nos anteriores traballos utilizamos a contorna das nosas mans para facer debuxos, nesta nova actividade usamos números para as nosas creacións.

Desta maneira, en base ao 1, 3, ou 6... elaboramos debuxos varios.

Aquí mostramos algúns exemplos. Sorriso

     

     

     

     

Mércores Xuño 10, 2020
Start: 10/06/2020 12:22

Presentamos outro traballo máis, esta vez tratábase de crear un retrato baseado na técnica artística do cubismo, tendo a Pablo Picasso como máximo representante.

Aquí temos algunhas obras do noso alumnado de 5º e 6º! Sorriso

     

     

     

Martes Xuño 23, 2020
Start: 23/06/2020 17:49

Queres colaborar na atención do comedor escolar?

As nais, pais, titores legais do noso centro que desexen colaborar de xeito voluntario nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que se atopan na Dirección do Centro.

Precisamos colaboradoras/es para o comedor de Infantil e Primaria de luns a venres e para a quenda de comedor de ESO dos mércores.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de setembro de 2020.

Se estás interesada/o en colaborar con nós, cubre a solicitude adxunta e entrégaa no centro en horario de 09:00 a 14:00 antes do 11 de setembro.

Moitas grazas!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut