Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 14, 2020
Start: 14/04/2020 11:52

Na semana de Entroido (Carnival) aproveitamos a sesión de Plástica para crear as nosas propias máscaras e antifaces (our own masks).

Cada neno/a diseñou a súa propia e decorouna como quixo (free style!).

Aquí tedes algunhas imaxes do proceso artístico!  Guiño

     

     

     

     

     

     

     

     

    

Venres Abril 17, 2020
Start: 17/04/2020 11:07

 Ola nenas e nenos!

Valentina hoxe tráenos un corto precioso, que pon en valor a inclusión e nos intenta facer ver o importante que é para todos sentirse aceptado e parte do grupo. Votádelle un ollo!

 

 

Ademais deste corto, Valentina, que é moi artista, preparouvos un xogo de palabras. Nel, invítavos a facer unha viaxe en globo! Ao longo da viaxe, teredes que superar diferentes retos para poder avanzar, seredes capaces?

 

 E xa para rematar, Valentina preparouvos unha cousa súper interesante! Queredes saber que foto captou o telescopio espacial Hubble da NASA o día do voso aniversario? Estades de sorte!Hubble é un telescopio que leva polo espacio 30 anos!! E para celebrar o seu aniversario os estudiosos da NASA facilitaron esta ferramenta. Só tedes que poñer o mes e o día do voso aniversario e poderedes ver unha foto espacial dese día. Clicade na imaxe!telescopio
 
Ata pronto nenos e nenas! 
Luns Abril 20, 2020
Start: 20/04/2020 11:30

A continuación tedes un comunicado importante sobre cómo se presenta este tercer trimestre en Educación Infantil...

So adiantamos que...EN BREVE RECIBIREDES UN PAQUETIÑO NAS VOSAS CASAS :)

Esperamos que vos guste a idea!

Martes Abril 21, 2020
Start: 21/04/2020 12:03

Estimadas familias,

Para un mellor aproveitamento e organización das tarefas escolares a distancia durante este 3º trimestre, temos habilitada a nosa AULA VIRTUAL na cal poderedes localizar con facilidade toda a información que o profesorado vos vai proporcionar mentres dure o confinamento e non volvamos ás aulas.

Para acceder so tedes que clicar no botón da esquina superior dereita desta páxina, onde pon AULA VIRTUAL e acceder coma convidados. 

No arquivo adxunto tedes unha pequena explicación para o acceso e xa veredes que é moi sinxelo.

portada aula virtual

Xoves Abril 23, 2020
Start: 23/04/2020 18:46

Ola nenas e nenos!

Como xa saberedes hoxe é o DÍA DO LIBRO e, para celebralo, Valentina quere ensinarvos algunhas cousiñas.

O primeiro que vos quere ensinar é un vídeo feito polo profesor de 1º de Educación Primaria, Ricardo, para conmemorar este día tan especial. Ricardo, proponnos unha actividade moi creativa para facer en familia, animádesvos?

 

MOITAS GRAZAS PROFE RICARDO!

 

 

A profe Iria, de 2º de Educación Primaria, invitou ás nenas e nenos da súa clase a facer un eslogan para animar á lectura. Que boa idea! Aquí tedes un exemplo:

 

Grazas Pablo por este eslogan tan chulo!

 


Para rematar, Valentina, que é unha grande lectora, quere contarvos que se rexistrou na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Que maravilla!Agora pode acceder a todos os libros e contos en formato dixital das bibliotecas públicas galegas, tanto en galego como en castelán. 

Se queredes facer o mesmo, só tedes que premer nesta imaxe:

 

Ata aquí as propostas de Valentina, vémonos a próxima semana nenos e nenas!

 

 

 

Mércores Abril 29, 2020
Start: 29/04/2020 10:56

Dada a confusión reinante sobre o desenvolvemento do 3.º trimestre e o final do curso 2019-20, a dirección do CPI de San Vicente considera necesario aclarar varios puntos:

  • Todo o alumnado debe continuar coa actividade lectiva de modo non presencial (ou presencial, no caso de rematar o confinamento antes que o curso escolar), co fin de minimizar os prexuízos que esta situación poida provocar na súa formación. Esta actividade poderá repercutir positivamente na súa cualificación final.
  • Non vai haber aprobado xeral: só se flexibilizarán os criterios de promoción e titulación, de forma que as repeticións de curso sexan excepcionais (pero posibles).
  • Na ESO haberá convocatoria de avaliación extraordinaria en setembro, coma sempre.
  • O alumnado de ESO que suspendera algunha materia no 1.º e/ou o 2.º trimestre deberá seguir co plan de recuperación establecido na correspondente programación didáctica; é dicir, deberá realizar as actividades que o profesorado lle indique e/ou preparar un exame de recuperación para o mes de xuño, segundo a materia. No caso dos exames, se finalmente estes non se puidesen realizar no centro, serán adaptados ou substituídos por outros procedementos de avaliación dos cales se informará coa debida antelación.
  • O alumnado de ESO que ten materias pendentes de cursos anteriores: deberá seguir co plan de recuperación establecido. Neste caso, os exames realizaríanse a comezos do mes de xuño, e non en maio como estaba previsto.
  • A información básica sobre a adaptación das programacións didácticas para o remate do curso 2019-20 (tanto de aprendizaxes e competencias como de criterios de avaliación e cualificación) será publicada nesta web a mediados do mes de maio.

 

As instrucións definitivas da Consellaría de Educación sobre o desenvolvemento do 3.º trimestre deste curso pódense consultar aquí: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936

Start: 29/04/2020 18:02

 

Ola a tod@s!!

Esta vez Valentina tráenos unha proposta relacionada coa nosa tradición e cultura galega, pero antes...mirade este pequeno vídeo, para reflexionar...

 

 

Agora si, a proposta que quere facervos Valentina esta semana é...

FACER SANANDRESIÑOS!!

Sabedes o que son? Por se non os coñeciades, Valentina vai a explicárnolo.

 

 

 

 

 

Sabedes onde se atopa

San Andrés de Teixido?

Se tedes ganas de visitalo

podedes investigar

no mapa.                      

 

 

 

Xa contamos coa información precisa para ser uns expertos e expertas destes amuletos, así que, ímonos a poñer "mans na masa". Aquí tedes a receta.

 

 

Para rematar, O Circo do Sol segue a compartir as súas actuacións para que as podamos ver desde a casa. Aquí tedes unha nova, desfrutádea!

 Ata pronto!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut