881 86 70 01
Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 02/04/2020 15:50
End: 03/04/2020 20:50
O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con dificultades de conexión, un ordenador portátil e unha conexión á rede, para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. Esta medida está dirixida a alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O CPI de San Vicente ven de recibir tres equipos, que se facilitarán no día de mañá como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar. A dirección deste centro, seguindo os criterios que nos indicou a Consellaría de Educación, seleccionou as 3 familias de ESO beneficiarias desta axuda, sendo conscientes de que esta medida é insuficiente para atender a todas as familias que o precisarían e tan apurada que nos forzou a tomar unha decisión rápida, dado que temos que entregar os equipos antes das vacacións, tal e como tamén se nos indica nas instrucións da Consellaría. Esperamos que se amplíen estas medidas á volta das vacacións e que o noso alumnado poda resultar beneficiado de novo. De todas as novidades que se produzan teredes información actualizada nesta páxina web. A dirección deste centro quere tamén dar as grazas a todas as familias pola súa comprensión e colaboración nestes momentos tan difíciles e transmitirlles todo o apoio e o ánimo posible, desexando que a normalidade non tarde en voltar ás nosas vidas. Start: 03/04/2020 23:57
Ola nenas e nenos! Hoxe queremos presentarvos a Valentina!! Valentina vainos acompañar durante estes días propoñendo actividades e tarefas divertidas que podedes facer sempre que vos apeteza. Valentina é científica, fotógrafa, cociñeira, exploradora, artista, escritora…e moi, moi soñadora e creativa, queredes coñecela?
Aquí está, coa súa cámara de fotos, desexando comezar esta andaina! En primeiro lugar, Valentina quere ensinarnos este vídeo. Desde aquí queremos darlle a noraboa ao CEIP Quiroga Palacios por facer esta versión tan inclusiva da canción “Resistiré”.
Ademais, tráenos unha proposta que seguramente vos vai encantar: FACER A NOSA PROPIA PLASTILINA CASEIRA
Para logralo, escribiunos a receita, mirade. Podes escribilo nun papel para facelo máis práctico e recorda que cada receita ten dúas partes principais: os ingredientes que precisamos e os pasos para elaboralos.
Agora…a xogar! Amasa a plastilina, estíraa, fai diferentes figuras: bolas, churros, edificios, personaxes, letras… Se queres, podes facer fotografías do que fixeches e envíalas aos nosos correos electrónicos co hashtag:
Para rematar, Valentina, quere amosarnos tamén este vídeo. Algúns artistas están colaborando para facernos máis fácil a estancia na casa estes días. Este é o caso do “Circo do sol” que nos ofrece parte do seu espectáculo dunha hora.
Ata pronto nenos e nenas! Vémonos á volta destas vacacións de Semana Santa! |