Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 14, 2019
Start: 14/02/2019 13:36

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

Sábado Febreiro 16, 2019
Start: 16/02/2019 19:12

Nesta fermosa mañá de sábado, un grupiño de rapaces e rapazas, profes, familias, amigos e veciñanza do cole da Baña percorreu a Ruta do Patrimonio de Lañas, deseñada polo alumnado de 2º de ESO no seu proxecto Facendo Escola, para coñecer o patrimonio cultural desta parroquia. Entre charlas e fotografías, camiñamos os 9 km da ruta e descubrimos fermosos tesouros de arquitectura popular e tamén do patrimonio arqueolóxico do noso concello.

As fotos que os nosos amigos e amigas camiñantes realizaron nesta andaina serán expostas nos panéis dos corredores do noso cole, dentro do concurso de fotografía Memoria en Construción.

Tedes ata o 22 de febreiro para enviarnos as vosas fotos, bulide!!!

Aquí tedes a foto final do grupo, despois do percorrido.

Grazas a todos por participar nesta iniciativa e esperámosvos no curso que ven.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS...

Venres Febreiro 22, 2019
Start: 22/02/2019 13:29

O venres 22 de Febreiro tivemos unha visita do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia  (CSIC) para os/as nenos/as de sexto de primaria. O alumnado aprendeu a avaliar o nivel de contaminación do solo, e os efectos tóxicos de determinados compostos no proceso de xerminación, desenvolvemento e crecemento das sementes.  

Luns Febreiro 25, 2019
Start: 25/02/2019 23:18

O pasado xoves 21 de febreiro, Laura Ferreiro Gesto, alumna de 5º de Primaria, falounos da súa paixón pola música, de como construír pequenos instrumentos de percusión na casa, amosounos os seus libros e tamén falounos de cantas horas lle dedica á música e por que escolleu esa actividade extraescolar e ese instrumento en concreto, o piano. Tamén tocou dúas peciñas para nós e creo que aprendimos todos mogollón. Grazas Laura!!

Clicade na foto se queredes ver a reportaxe completa. Guiño 

 

Luns Marzo 04, 2019
Start: 04/03/2019 12:04

Aquí tedes as fotografías premiadas no Concurso de Fotografía sobre Patrimonio Memoria en Construción, convocado pola Biblioteca Escolar.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 11 de marzo, ás 12 da mañá, no espazo multiusos do CPI San Vicente.

Parabéns ás persoas premiadas e moitísimas grazas a todos os autores e autoras das 90 fotos presentadas. Non foi doado, para o xurado, decidir entre tantas e tan fermosas fotos de elementos do noso patrimonio material.

Pronto publicaremos a totalidade das fotos!

 

 

FOTOGRAFIAS PREMIADAS 2019 por Mar Sueiro

Xoves Marzo 07, 2019
Sábado Marzo 16, 2019
Start: 16/03/2019 11:01

Este xoves 14 de marzo, reanudamos os Xoves Expertos na Biblioteca Escolar. 

Desta vez, Rosalía Rodríguez falounos da súa terra de orixe, Canadá, e aprendimos todos moitos sobre a súa cultura, lingua, fauna e organización territorial. Ela vai visitar á súa familia duas veces ao ano e sempre volve cunha boa reserva do delicioso sirope de arce que nos deu a probar Canso

Clicade na foto para ver a reportaxe!

rosalia rodriguez craven

Start: 16/03/2019 11:12

A semana do 8 ao 12 de abril, co gallo do Día das Artes Galegas, homenaxearemos a figura de Luis Seoane mediante a realización de obradoiros de arte da man de Silvia Capelo. 

Todo o alumnado de todas as etapas educativas desenvolverá o seu talento artístico e os corredores e paredes do noso centro lucirán fermosamente decorados.

Aquí tedes o cartel coas datas e horarios das actividades:

 

cartel seoane 2cartel semana seoane 1

Distribuir contido


by Dr. Radut