881 86 70 01
Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 15/06/2018 18:13
Ás veces o traballo innovador, exhaustivo e comprometido que se realiza nas aulas dun xeito silencioso faise visible cando se recibe a merecida recompensa dun premio. Hoxe os alumnos de matemáticas de 2º de ESO desfrutaron da emoción de participar na fase final do VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola SGAPEIO. Acudimos á Facultade de Matemáticas, nerviosxs e emocionadxs de poder presentar en público o resultado do proxecto desenvolvido por Sarai, Alba, Noa e Carlota: "A diversidade da orde". Experimento que xurdiu a partir da crenza de que as mulleres son máis ordenadas e colaboradoras na casa que os homes. Para iso as alumnas investigadoras realizaron diferentes probas a partir das cales puideron extraer conclusións medibles e demonstrables. Imaxinades cal foi o resultado?? O proxecto foi galardoado co 1º Premio na Categoría de 1º e 2º de ESO. Así mesmo, a investigación de Diego e Adrián sobre a presenza das mulleres na prensa deportiva "O diario non falaba de min" obtivo unha mención especial nesa mesma categoría. Neste vídeo tedes a reportaxe gráfica dunha mañá emocionante e inesquecibel. Parabéns a todos, gañadores, participantes e a Paula, a profe de mates!!!
|
![Events at <em>CPI de San Vicente da Baña</em> Distribuir contido](/centros/cpisanvicente/misc/feed.png)