881 86 70 01
Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
Start: 24/03/2018 18:34
A Biblioteca Escolar en colaboración co ENL, o Proxecto Ríos e o Proxecto Voz Natura ven de organizar un concurso de fotografía cuxa temátixa foi a auga. O pasado xoves, 22 de marzo, Día Mundial da Auga, entregamos os premios aos pequenos e grandes artistas seleccionados, despois dunha difícil decisión por parte do xurado, xa que a participación foi alta e a calidade dos traballos, boísima. Aquí tedes aos fachendosos premiados nas categorías de Infantil, Primaria e ESO (os adultos premiados non poideron asistir á entrega dos premios pero xa llos fixemos chegar ás súas casas).
Se premedes na foto podedes ver o resto da reportaxe da entrega de premios:
Ademáis, nestas presentacións podedes ver unha pequena selección dos traballos presentados nas 4 categorías. Esperamos que vos gusten e que a participación sexa aínda maior nos próximos concursos de fotos. Parabéns, artistas!!
|
![Events at <em>CPI de San Vicente da Baña</em> Distribuir contido](/centros/cpisanvicente/misc/feed.png)