Skip to Content

Infantil e primaria

Imaxe de biblioip

OS MAIORES CONTAN MOITO NA BIBLIOTECA DE SANSIÑO

Iniciamos a segunda etapa da actividade "Os maiores tamén contan" e igual que o curso pasado continuamos coa colaboración das familias que comparten as súas lecturas favoritas na hora de ler.

Cada mes faremos un resumo das visitas recibidas na biblioteca. Grazas por participar e por compartir a hora de ler.

 

Imaxe de biblioip

RECITANDOCELSOEMILIO

O día 12 do 12 do 2012 ás 12,00 horas participamos na lectura colectiva do poema "Deitado frente ao mar", de Celso Emilio Ferreiro. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para conmemorar o centenario do nacemento deste escritor.

A esta mesma hora moitos rapaces e rapazas doutros colexios de Galicia participaron nesta lectura colectiva.

 

 

Imaxe de biblioip

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O día 24 de outubro conmemoramos o día internacional das bibliotecas escolares.

Imaxe de biblioip

COÑECERNOS PARA QUERERNOS: LIBROS PARA O VERÁN

Neste curso aprendimos sobre a cultura, tradicións, comidas, xogos, ..., do Sahara Occidental. Outros países do mundo tamén teñen outras curiosidades na súa forma de vida.

Nesta guía suxerímoste algúns títulos de libros cos que podes pasar un anaco divertido neste verán e aprender algo novo. Anímate a ler algún e á volta das vacacións nolo contas. Boas vacacións!

Imaxe de biblioip

LECTURAS COMPARTIDAS - MES DE XUÑO

Neste último mes do curso continuamos coa colaboración dos pais e nais na actividade das lecturas compartidas "Os maiores tamén contan".

O día 5 de xuño veu á Biblioteca Belén Hermida, a nai do alumno de segundo de primaria Jorge Mera. Primeiramente contounos a historia de "Los dos conjuros" e despois coa axuda de Jorge leunos o conto de "Las tres hijas", que deixou xunto coa historia de "A cebra Camila" de agasallo para a nosa biblio.

 

Imaxe de biblioip

LECTURAS COMPARTIDAS III - MES DE MAIO

Neste mes de maio seguimos coa actividade das "Lecturas compartidas", na que os familiares dos nosos alumnos veñen á biblioteca á contarnos algún conto.

Neste mes tivemos connosco:

O 14 de maio a nai da alumna de quinto de primaria Nerea Gundín leunos o conto de "Blancanieves":

 

Imaxe de biblioip

30 DE ABRIL

E para rematar esta semana de moitas lecturas compartidas, o luns 30 de abril  contamos con Miriam Fernández, que contou a Estela e aos seus compañeiros de terceiro a historia de "O sorriso de Daniela". Queredes ver un resumo?

Imaxe de biblioip

27 DE ABRIL

O venres estivo a nai de Carolina, Mar Rico coa que xogamos a adiviñar e pasamos un rato ben divertido.

Imaxe de biblioip

23 DE ABRIL

O luns 23. Ana Belén Breijo, nai de Emma, alumna de quinto, acudiu ao colexio e leunos o libro "A narradora do deserto", de Josep Antoni Fluixá. E para rematar leu un fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro.

Para ver as fotos premede enriba da frecha.

Imaxe de biblioip

24 DE ABRIL

O martes 24, contamos coa nai do alumno de 4º de E.Infantil Borja Gómez. Susana Mariño entretívonos coa lectura das aventuras de "Garbancito". Despois, axudada por Borja que fixo o conto con ela, leunos a historia de "El viaje de Cocojonti.Aquí tedes un resumo deste día tan especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut