Orientación

Atención á diversidade.

Dende esta semana dispoñemos de varios pictogramas instalados ao carón das portas das dependencias e aulas específicas do cole que servirán de apoio visual para unha mellor orientación para todo o alumnado, sobre todo está pensado e dirixido para os alumnos con necesidades derivadas do TEA, Transtorno do Espectro Autista.

Foron proporcionados pola Asociación Capaces de Lugo e instalados pola Profe de Audición e Linguaxe de Primaria e pola titora de 3º de Primaria.

         

 

Adaptación da programación do Departamento de Orientación

Debido ao estado de alerta e á suspensión das clases presenciais e peche dos centros educativos durante este terceiro trimestre, temos que adaptar as nosas programacións didácticas a esta nova realidade. A continuación podedes consultar a adaptación da programación do Departamento de Orientación para este terceiro trimestre.

Lembro novamente que calquera persoa da comunidade educativa do CPI Dr. López Suárez (familias, alumnado, ...) que se queira poñer en contacto co orientador do centro para resolver dúbidas, inquedanzas, ou calquera outra cuestión, pode facelo a través do seguinte correo electrónico:

tatecamba@edu.xunta.gal

CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Visto que aínda non sabemos o tempo que vai a durar a cuarentena, se algunha persoa da comunidade educativa do CPI Dr. López Suárez ten a necesidade de contactar co orientador, pode facelo a través do seguinte correo electrónico: tatecamba@edu.xunta.es.

Tratarei de dar resposta a calquera dúbida, cuestión, inquedanza, ..., que poidades ter coa maior prontitude posible.

Un saúdo cordial e o máis importante nestes momentos: coidarse moito !!!

MATERIAL PARA A PREPARACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

00/00/
Array

A Consellería de Educación ten a disposición de todo o alumnado que se presenten as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio diferentes materiais didácticos e exames de anos anteriores para a preparación das probas. Tamén atoparás no seguinte enlace toda a información relevante sobre as probas de acceso:


http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2012

Xa está aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2012.


prazo: do 6 ao 20 de marzo de 2012


destinatarios:



  • de 9 a 17 anos

  • de 18 a 35 anos
  • 

Solicitudes: na casa do Concello


para máis información ler os arquivos adxuntos

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Convocouse as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para aqueles alumnos/as que xa cumpriron 17 anos ou o cumpran neste ano, e non teñan o título da ESO.


O prazo para presentar as solicitudes é ata o 9 de marzo de 2012.


Para máis información podes acudir ao Departamento de Orientación

Powered by Drupal - Design by artinet