Normas de uso

Normas de uso dos ordenadores da biblioteca

  • Para poder utilizar os ordenadores é necesario estar dado de alta como usuario, igual que nas salas de informática.
  • En horas de recreo só se usan para consulta.
  • En cada ordenador só pode haber 2 persoas como máximo.
  • Son ordenadores son para uso de todos, unha persoa non pode acaparar un ordenador todos os días se hai máis usuarios esperando.

 

Normas de uso

  • A biblioteca é un lugar de lectura e estudio. Requírese SILENCIO.
  • Os alumnos sempre estarán acompañados dun profesor, que será o responsable do correcto uso da biblioteca.
  • Haberá un libro de uso da biblioteca, ónde cada profesor que esté con seus alumnos anotarase, sinalando tamén posibles incidencias que se produciran (Profesor de garda nos recreos ou profesores que decidan impartir alí suas clases).
  • Non se permitirá comer, nin utilizar teléfonos móviles, “maquinitas” ou aparatos de música.
  • Os alumnos poderán facer uso de calquer libro dentro da biblioteca, colocándoo no seu sitio ó rematar a consulta.
  • Os alumnos non poderán estar na biblioteca si non teñen sitio para se sentar.

Powered by Drupal - Design by artinet