Lingua Extranxeira (Inglés)
From 15th to 19th June
Preme no televisor
para acceder ao vídeo explicativo
* *
* *
* *
Paseniño, paseniño... fomos chegando.
Aquí está a última semana deste "un-pouco-peculiar" curso.
E coma sempre adicarémonos a facer algo diferente, algo que xa arrecenda a verán...
* * * * *
* * * * *
Empezaremos cun xogo: Pass the word
liveworksheets.com
Recordade que neste sitio web atoparedes milleiros de fichas!
Por se vos animades durante o verán...
* * * * *
Seguiremos cunha mandala: elixe unha; todas teñen unha estupenda mensaxe en inglés.
Os nenos e nenas de primeiro saben moi ben como se fan: despaciño, cada día un pouquiño e sempre que o necesitemos para relaxarnos e pasar un momento tranquilo e agradable durante o estío...
E sempre, sempre...
con moitas cores!
* * * * *
E para rematar, máis xogos para repasar!
Aquí vai o último vídeo deste curso escolar
feito coas vosas últimas aportacións
E xa para despedirme,
quero agradecer a todos os papás, mamás, irmáns, primos, avós, tíos, amigos, veciños, etc.
que axudaron a cada un "dos meus nenos" a seguir adiante neste confinamento,
a todos os que fixestes posible que seguiran a traballar, aprender
e desfrutar
a pesares das condicións tan especiais que nos tocou vivir neste terceiro trimestre.
Unha aperta e un bico enormes para todos!
From 8th to 12th June
Ánimo!
Xa non queda nada...
Tedes xa as vosas adiviñas agardando a ser resoltas!
From 1st to 5th June
Aquí van os traballos de Expresión Oral.
Como vedes, hai para todos os gustos...
Hai quen fixo o que se pedía, quen o ampliou, quen o practicou máis,
quen o practicou un chisquiño menos, quen falou de algo que lle apetecía máis, etc.
Pero todos, todos...teñen unha cousa en común:
Todos fixeron que Teacher Conchi se sentise a profe de inglés máis orgullosa dos seus nenos,
do mundo mundial!
~ ~ ~ ~ ~
Tareafas para esta semana:
Riddles
~ R I D D L E S ~
E aquí están as solucións ás miñas adiviñas.
Teño que recoñecer que sodes mois bos nesto!
Parabéns!
Ademais mandastes uns debuxos incribles!
Sodes uns artistas!
En breve, subirei as que me mandastes; xa vos vou avisando de que esas son realmente difíciles!
Dificilisisísimas, diría eu!
~ ~ ~
From 18th to 22nd May
Singing at CPI Dr. López Suárez de Escairón
Xa está aquí o primeiro vídeo feito coas vosas aportacións.
Desculpade a montaxe; é a primeira vez que traballo con este programa e a edición saiu un pouco sosa.
Menos mal que están @s nen@s para darlle luz e alegría.
* * *
Parabéns a tod@s
e
un agradecemento moi especial a todas esas mans que sostiñan o móbil
cun sorriso na cara e un orgullo inmenso no corazón!
* * * * * * *
Tarefas para esta semana:
From 11th to 15th May
Bos días, familia
espero que estedes todos ben.
Esta semana quero agradecer o esforzo extra que estades a realizar
e
FELICITARVOS
porque estades a facelo
XENIAL ! ! !
Unha aperta!
Teacher Conchi
From 4th to 8th May
Esta semana voume adiantar a porvos as tarefas e así,
aproveito para desexarlles un bo día a
tódalas Mamás
e
a tod@s @s que nalgún momento fixeron ou fan de mamá.
Moitas Felicidades!
Mummy Conchi