Bioloxía e Xeoloxía
3ª AVALIACIÓN
20 de abril de 2020
FORMA DE TRABALLO E AVALIACIÓN DO 3º TRIMESTRE
COMEZAMOS COA AMPLIACIÓN DOS APRENDIZASES EN CONTIDOS FUNDAMENTAIS.
Aínda que os contidos desta 3ª avaliación non son avaliables, sí será avaliable a implicación e traballo do alumno nas actividades propostas.
Na avaliación final teranse en conta as de todo o curso.
As actividades que vos vou propoñer serán sempre a partir de vídeos explicativos e esquemas e a través do correo electrónico e youtube.
Para aprobar a 3ª avaliación hai que facer os exercicios, mellor ou peor e en tempo.
Se tedes algún problema ou dudas axudareivos en todo momento.
Recórdovos o meu correo electrónico: bioescairon@gmail.com Unha aperta e ánimo a todos.
Fátima
Árbol app
Arbolapp é unha aplicación gratuita baseada na investigación do Real Jardín Botánico do CSIC que che axudará a identificar as árbores silvestres da Península Ibérica e as Baleares. Descárgaa no seguinte enlace e disfruta da natureza e da ciencia!
Laboratorio 4ESO
Aquí tedes as fotos da experiencia para a observación de mitose en células de raiz de cebola:
E a continuación un dos resultados da determinación do grupo sanguíneo:
Así se produce un terremoto
Aínda non nos toca dar a Xeoloxía, pero xa que onte tivemos un sismo de 5,2 graos na escala de Richter que sacudiu o centro da Península Ibérica, achégovos un gráfico moi interesante sobre como se producen os terremotos. Para velo clicade no seguinte enlace:
http://elpais.com/elpais/2015/02/23/media/1424711517_755485.html
Os dez avances científicos do ano 2014
Aquí tedes o enlace sobre os dez avances científicos máis salientables do ano pasado segundo "El país":
http://elpais.com/elpais/2014/12/18/ciencia/1418928065_022666.html
Laboratorio 3ESO
Achégovos as fotos da tinción e preparación de mostras para a observación de células de epiderme de cebola e de mucosa bucal. Premede no botón da dereita que pon "6 adxuntos".
Desculpade que non colgue as fotos da identificación de glicidos, fraudes alimentarios e disección de corazón e ril, pero temo que a tecnoloxía xogoume unha mala pasada e as perdín.
Algunhas aclaracións sobre o virus de máis actualidade
Nos seguintes enlaces tedes a información básica sobre o virus do ébola e o seu tratamento experimental. Espero que vos sirva para rematar de aclarar as dúbidas que resolvemos na clase.
http://www.elmundo.es/grafico/salud/2014/10/06/54330e79e2704e317a8b4583.html
http://elpais.com/elpais/2014/08/10/media/1407705579_748850.html
Vémonos na aula virtual!
A partir de agora colgareivos as fichas e os enlaces na aula virtual correspondente ao voso curso.
Un saúdo a todos!