Seccións Bilingües

O ARTE DAS FLORES XAPONÉS, IKEBANA

O alumnado de 6º de primaria aprendeu as nocións básicas de Ikebana empregando material de refugallo para o recipiente. Saiu ao campo para colleitar flores que logo colocaron do xeito máis artístico posible, seguindo as regras desta arte milenaria.

Os resultados foron moi diversos pero todos igualmente fermosos.

Podemos disfrutar hoxe dun colorido recibidor no cole grazas ao alumnado e as profes Ana Quintela e a Racheal Roman, a auxiliar de conversa.

APROVEITANDO O MATERIAL DE REFUGALLO NA AULA DE PLÁSTICA

O luns 29 de maio o alumnado de 4º de primaria tivo o pracer de coñecer a Rosa Neutro e a súa filla Violeta. Fixeron deseños de cabanas con material de refugallo. O traballo estará exposto no pazo de Tor.

ARTE NO SAVIÑAO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria disfrutou dunha visita pola zona, coas súas titoras e a profe  Ana Q., espectacular o románico no Saviñao.

What a wonderful world!!

O alumnado de Primaria tamén estivo traballando nesta fermosa canción en inglés para conmemorar o Día Escolar da Paz e a non violencia. Tod@s uns e unhas artistas! 

Se clicando na imaxe non podedes ver o traballo, neste enlace poderes ver o vídeo completo:

https://youtu.be/LD5DEGxT7iY

What a wonderful world!!

Contacontos en Inglés

Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar nas sesións de plástica bilingüe(Ana Quintela) dun contacontos en inglés con Vitoria de Paz.

Moitas grazas!!

Powered by Drupal - Design by artinet