Atención á diversidade.

Dende esta semana dispoñemos de varios pictogramas instalados ao carón das portas das dependencias e aulas específicas do cole que servirán de apoio visual para unha mellor orientación para todo o alumnado, sobre todo está pensado e dirixido para os alumnos con necesidades derivadas do TEA, Transtorno do Espectro Autista.

Foron proporcionados pola Asociación Capaces de Lugo e instalados pola Profe de Audición e Linguaxe de Primaria e pola titora de 3º de Primaria.

         

 

Powered by Drupal - Design by artinet