Adaptación da programación do Departamento de Orientación

Debido ao estado de alerta e á suspensión das clases presenciais e peche dos centros educativos durante este terceiro trimestre, temos que adaptar as nosas programacións didácticas a esta nova realidade. A continuación podedes consultar a adaptación da programación do Departamento de Orientación para este terceiro trimestre.

Lembro novamente que calquera persoa da comunidade educativa do CPI Dr. López Suárez (familias, alumnado, ...) que se queira poñer en contacto co orientador do centro para resolver dúbidas, inquedanzas, ou calquera outra cuestión, pode facelo a través do seguinte correo electrónico:

tatecamba@edu.xunta.gal

AdxuntoTamaño
Adaptacion programacion Departamento de Orientación.pdf183.46 KB

Powered by Drupal - Design by artinet