FORO CAFÉ EMPRENDEDORES 2022 NO CIFP FERROLTERRA

FORO CAFÉ EMPRENDEDORES 2022 NO CIFP FERROLTERRA

 

Nos próximos días o alumnado de 1º curso de ciclos formativos terá a oportunidade de poder participar no "Foro Café emprendedores" na biblioteca do centro e poder compartir un café cun emprendedor do sector de actividade da súa familia profesional.

Os emprendedores invitados este ano son os seguintes:

Electricidade e electrónica:

. Eva Somolinos: AcercArte (realidade virtual) lúns 25/04 ás 12:00 hs

. Pablo estevez insua: Av. Valón, martes 26/04 ás 12:00 hs.

Fabricación mecánica:

. Jaime Fraga Ulfe: Herrería Jaime, xoves 28/04 ás 10:30 hs.

Automoción:

. Mario Pita e Iván Freire: Taller PF Ladeira, lúns 02/05 ás 12:30 hs.

Madeira

- Instalacións de Carpinteiría Buxo SL xoves 12 de maio ás 10:00 hs.

CAFÉ CON EMPRENDEDORES

VIDE TOMAR UN CAFÉ Á BIBLIOTECA E COÑECEDE A ESTES EMPRENDEDORES E OS PROXECTOS QUE ESTÁN A DESENVOLVER NA COMARCA DE FERROLTERRA!!!!!!

 

 

Portas Abertas UDC Campus Ferrol


O vindeiro VENRES 22 de ABRIL de 2022, celebraráse na UDC a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial).O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:

  1.  Ciencias da Saúde:
     *   Facultade de Enfermaría e Podoloxía (FEP)
        *   Grao en Enfermaría<https://estudos.udc.es/gl/study/start/750G01V01>
        *   Grao en Podoloxía<https://estudos.udc.es/gl/study/start/750G02V02>
  2.  Ciencias Sociais e Xurídicas
     *   Facultade de Humanidades e Documentación (FHD)
        *   Grao en Xestión Industrial da Moda<https://estudos.udc.es/gl/study/start/710G03V01>
        *   Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación<https://estudos.udc.es/gl/study/start/710G04V01>
        *   Grao en Relacións Internacionais (Novo! Curso 2022/23)<https://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/ensino/graos/propostasmod202122/GraoRRII.pdf_2063069239.pdf>
     *   Facultade de Ciencias do Traballo
        *   Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos<https://estudos.udc.es/gl/study/start/760G01V01>
  3.  Enxeñaría
     *   Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)
        *   Grao en Enxeñaría Mecánica<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G03V01>
        *   Grao en Tecnoloxías Industriais<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G04V01>
        *   Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G05V02>
        *   Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica<https://estudos.udc.es/gl/study/start/730G06V02>
        *   Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL)<https://estudos.udc.es/gl/study/start/770G02V02>
        *   Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática<https://estudos.udc.es/gl/study/start/770G01V01>
        *   GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso)<https://estudos.udc.es/gl/study/start/770G03V01>
     *   Escola Universitaria en Deseño Industrial (EUDI)
        *   Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto<https://estudos.udc.es/gl/study/start/771G01V01>

Debes formalizar a túa inscrición na I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial) antes das 14:00 horas do LUNS 11 de ABRIL de 2022 -> https://bit.ly/3iooB00

 
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol no Portal de Estudos<https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree>.

Premios extraordinarios FP

Convocatoria de premios extraordinarios FP Superior:

Repartirase un premio por familia profesional. O premio consistirá en unha dotación económica de ata 1000euros.

Requisitos dos solicitantes:

-Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2020/21 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2021.

-Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

-Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

Forma e presentación de solicitudes:   Ata o21 de abril de 2022, na aplicación informatica  https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/ accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.

 

Toda a información na seguinte ligazón: Orde do DOG nº 55 do 2022/3/21 - Xunta de Galicia

 

 

CONCURSO DE PROXECTOS EN GALEGO

 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos animarvos a que presentedes o voso PROXECTO DE FIN DE CICLO en GALEGO!!

 

Se estades interesados deberedes enviar o voso proxecto, antes do 20 de xuño ao seguinte correo: linguagalega.ferrolterra@gmail.com

 

Os proxectos serán valorados por un xurado formado por profesor@s de todas as familias profesionais, equipo directivo e alumnado.

 

E se precisades axuda non dubidedes en poñervos en contacto con nós!!

CAMBIO DE PRAZO para solicitar BECAS de estudos do MEFP

ADIÁNTASE o prazo para solicitar BECAS de ensinanzas universitarias e ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias durante o curso 2022-2023. 

O prazo de solicitude será do 30 de marzo de 2022 ata  o 12 de maio de 2022,  ambos inclusive.

A información está publicada no extracto da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2.2&uid=4841&mailbox=SU5CT1g&uniq=1647345046552

Pódese consultar toda a información na páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional: Portada - Becas y ayudas para estudiantes | Ministerio de Educación y Formación Profesional (becaseducacion.gob.es)

 

 

 

 

8-M:Día da muller traballadora

Recurso para traballar a data do 8-M nas aulas. Elaborado por Barbara Ferrero:

      (Ligazón e código QR)

 

Novos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

Novos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!! Sonrisa
MAMR0308 - Mecanización de madeira e derivados. 15 prazas.
IMAQ0108 - Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial. 15 prazas
Se estades interesados contactade co INEM ou ben enviadenos un correo electrónico a: cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal cos vosos datos de contacto.
A proba de selección dos candidatos será o día 17 de Febreiro ás 16:00 no CIFP Ferrolterra.

Olimpiada Cultural 2022

f  f 

O vindeiro luns, 7 de febreiro de 2022, comeza a 22ª edición da nosa tradicional OLIMPIADA CULTURAL, un concurso que organizamos na biblioteca do noso centro, no que durante todo o mes de febreiro haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio para os equipos, que compiten por conseguir os premios finais para os gañadores. Neste vídeo explicamos a estrutura e as regras do concurso.

Este ano faranse tódalas probas a través da aula virtual do centro.

Atrevédevo!

Para inscrivirbos seguide estas instruccións.

Ligazón para o formulario de inscrición

Bases do concurso

 

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2022

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia