Premios extraordinarios FP

 

Convocatoria de premios extraordinarios FP Superior:

Repartirase un premio por familia profesional. O premio consistirá en unha dotación económica de ata 1000euros.

Requisitos dos solicitantes:

-Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2020/21 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2021.

-Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

-Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

Forma e presentación de solicitudes:   Ata o21 de abril de 2022, na aplicación informatica  https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/ accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.

 

Toda a información na seguinte ligazón: Orde do DOG nº 55 do 2022/3/21 - Xunta de Galicia