Blogues

 

IV Edición do Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto”

 

Xa estamos recibindo os vosos vídeos, e ti, xa estás apuntado?

Se non é así animádevos!!  

Da igual a modalidade formativa na que esteas matriculado, ordinario, dual, modular, AFD... o concurso é para todo o alumnad@. Podedes participar individualmente ou en equipos.

Seguro que tes unha idea, e participar é moi doado.

1º Fai un vídeo explicando en que consiste a túa idea, (dun minuto aprox.)

2º-Inscríbete no formulario do enlace:  https://forms.gle/ZasNyCEQesHsuLScA

    Ou no QR

 

3º-Envía o vídeo ó correo : viveiroe.cifpferrolterra@gmail.com

Así de sinxelo!!

As mellores ideas terán premio en metálico:

 O prazo de presentación de ideas é ata o 12 de abril

 Esperamos as vosas ideas!

 

 

I Escape Room Emprendemento

Como sabedes , esta semana fixemos o I Escape Room de emprendemento no noso centro, no que participaron 60 alumnos de 2º; e  os gañadores do foron:

Los chispas”

¡Parabens!

 

E ademais, campeóns galegos no ranking de “Píldoras Digitales”

 

Na actividade fixeron podium os seguintes grupos:

Posición Grupo
Los chispas
Pan con chorizo
Las super nenis

 

Agreceder a tódolos inscritos a súa participación 

   
   

XVIII Xornadas Ensino Empresa

Ven ás xornadas Ensino-Empresa que terán lugar no noso centro entre o 29 de xaneiro e o 2 de febreiro mergullándote nun ambiente educativo que conectará os teus coñecementos académicos coas demandas do mercado actual.

Non perdas detalle e preme sobre a imaxe para descargar o programa completo das xornadas.

 

Portada Díptico

I Jornada "Café con Emprendedores"

Especialidades para o curso 23-24

Elixe especialidade para o curso 23-24

PRAZO DE ADMISIÓN: 23 xuño / 5 xullo

Prepárate para traballar: O CIFP Ferrolterra ten máis dun 90% de inserción laboral nos seus ciclos formativos


 

Especialidades para o curso 23-24


 

Fai click na imaxe para descargala a tamaño real

GAÑADORES CONCURSO DE PROXECTOS EN GALEGO

Xa temos gañadores do CONCURSO DE PROXECTOS EN GALEGO:

1º PREMIO: Silvia María López Amado do Ciclo Superior de Automoción

2º PREMIO: Cristina Camacho Sánchez do Ciclo Superior de Automoción

3º PREMIO: Juan Manuel Quilote Valiña do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.

PARABENS!!

Grazas a tod@s por participar!

Calendario de selección de DUAIS

Calendario de selección de DUAIS.

XULLO
MARTES 11 MÉRCORES 12 XOVES 13 VENRES 14

 

16:00

SELECCIÓN NAVANTIA

  • CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL
  • CM SOLDADURA
  • CS SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMATIZADOS

17:00

SELECCIÓN IMAFER

  • CM SOLDADURA

17:00

SELECCIÓN NERVIÓN

  • CS MECATRONICA INDUSTRIAL

17:00

SELECCIÓN NORINVER, ELECTRORAYMA, PINE

  • CS SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMATIZADOS

 

9:00

SELECCIÓN NERVIÓN

  • CM SOLDADURA

9:00

SELECCIÓN GHENOVA, GABADI, NERVIÓN, QUEST GLOBAL

  • CS DESEÑO FABRICACIÓN MECÁNICA

9:00

SELECCIÓN PANSOGAL, NURICLIMA, PROMOLAR XESTIÓN, GASTROLAB HOSTELERÍA, TEUVENTO, FONCAFER, COSMA, NARONTEC, SOLUCIONES ENERGÉTICAS

  • CM INSTALACIONES PRODUCIÓN E CALOR

11:00

SELECCIÓN GABADI

  • CERTIFICADO PROFESIONAL HABILITACIÓN NAVAL 

11:00

SELECCIÓN ELECTRÓNICA & COMUNICACIONES NOROESTE, SEPTENTRIO TECHNOLOGIES

  • CS MANTEMENTO ELECTRÓNICO INDUSTRIAL

 

 

9:00

SELECCIÓN REPSOL, REGANOSA, INTASA, GADISA, TMG, DEMAQ, GAM, ACEBRON

  • CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL

11:00

SELECCIÓN SMI, DEMAQ, ACEBRON, TUMBADOIRO, TMG, LMB TWICE

  • CS PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN

 

PUBLICACIÓN LISTAXES SELECCIONADOS

 

Descarga a táboa en formato PDF facendo click aquí.

Admisión Formación Profesional 2023-2024

Admisión Formación Profesional 2023-2024

A información relativa aos prazos de admisión de Formación Profesional nos seus distintos reximes (ordinaria, persoas adultas, dual e os cursos de especialización) xa está dispoñible na web da Consellería de Educación. A continuación, presentámosche uns cadros de resumo e os enlaces aos documentos publicados pola Consellería. Ademais, se fas clic aquí, serás redirixido directamente á súa páxina web.

Período ordinario de admisión ordinario e persoas adultas
Presentación de solicitudes 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes 10 xullo
Reclamación á listaxe provisional 10 xullo ás 9:00 ao 12 xullo ás 13:00 horas
Listaxe definitiva de solicitudes 19 xullo
1ª adxudicación 19 xullo
Matriculación 1ª adxudicación 19 xullo ás 9:00 ao 24 xullo ás 13:00 horas
2ª adxudicación 27 xullo
Matriculación 2ª adxudicación 27 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas
3ª adxudicación 1 setembro
Matriculación 3ª adxudicación 1 setembro ás 9:00 ao 6 setembro ás 13:00 horas
Adxudicación continuada (chamamento) 11 setembro ás 9:00 horas ao 29 setembro ás 13:00 horas

 

Período ordinario de admisión FP DUAL
Presentación de solicitudes 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes 6 xullo
Reclamación á listaxe provisional 6 xullo ás 9:00 ao 10 xullo ás 13:00 horas
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes 11 xullo
Período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora 11 ao 14 xullo ás 12:00 horas
Publicación das prazas adxudicadas e en espera 17 xullo
Período de matrícula para as persoas admitidas 18 xullo ás 9:00 ao 26 xullo ás 13:00 horas

 

Período ordinario de admisión Cursos de Especialización
Presentación de solicitudes 23 xuño ás 9:00 horas ao 5 xullo ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes 10 xullo
Reclamación á listaxe provisional 10 xullo ás 9:00 horas ao 12 xullo ás 13:00 horas
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes 19 xullo
Publicación da adxudicación de prazas 19 xullo
Matriculación das persoas admitidas 19 xullo ás 9:00 horas ao 26 xullo ás 13:00 horas
Adxudicación continuada (chamamento)
  • 27 xullo ás 9:00 horas ao 28 xullo ás 13:00 horas
  • 1 setembro ás 9:00 horas ao 7 setembro ás 13:00 horas

 

Para acceder a información dos procesos de admisión na páxina WEB da xunta preme no seguinte enlace.

Premiados no Concurso: "A túa idea nun minuto”

 

A continuación, os deixamos os vídeos das ideas gañadoras:

  

Primer premio: Manuel Lorenzo Cea-  “Asesor Mecánico”

Segundo premio: Lucía Fachal Quintela - “Kiki Moda”

Terceiros premios:  catro ideas premiadas:      

Parabéns!!

E grazas a tod@s por participar!