DATAS DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Os exames de certificación para os matriculados terán lugar na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, nas seguintes datas e horario:   

NIVEL DÍA HORA
B1 Luns, 6 de febreiro  Ás 10:00 
B2

Xoves, 2 de febreiro (1ª quenda)

Xoves, 9 de febreiro (2ª quenda)

Ás 16:00
C1

Luns, 6 de febreiro (1ª quenda)

Venres, 10 de febreiro (2ª quenda)

Ás 16:00

 

A proba oral terá lugar outro día, dentro da primeira quincena de febreiro, segundo indique no seu momento a EOI.

 

 

NOVAS CLASES ESPECÍFICAS DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DOS NIVEIS B1, B2 E C1 DE INGLÉS

Coa finalidade de preparar de xeito máis específico as probas de certificación dos niveis B1, B2 e C1 que terán lugar en febreiro, dende a semana que vén e ata o día do exame terán lugar clases para a preparación específica dos exames de certificación de inglés dos distintos niveis. Comezarán o vindeiro martes 29 de novembro e correrán a cargo de profesorado do Centro de Idiomas "Babblers". Terán lugar no propio instituto, cos seguintes horarios e aulas:

NIVEL DÍA HORA AULA
B1 Martes De 17:45 a 19:45  I-7
B2 Xoves De 17:45 a 19:45  I-7
C1 Venres De 16:00 a 18:00  I-7

 

Poderán asistir aqueles alumnos/as que estean apuntados nas probas de certificación e acudiran ás probas de nivel, polo que foron inscritos nas mesmas.

 

Curso de Carretilleiro!! Por fin!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Manexo de Carretillas. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. 

Aínda non hai datas exactas pero será antes de Nadal.

Os interesados debedes apuntarvos ata o día 25 de Novembro de 2022. Apúntadevos porque non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 30€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 28 ao 30 de novembro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Carretillas é: https://forms.gle/P5jW8GPKUUjM3VSz7

E obrigatoria a superación da parte teórica e a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán ao formalizar o pago.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

REUNIÓNS INFORMATIVAS SOBRE OS PROGRAMAS ERASMUS

O vindeiro mércores 23 de novembro terán lugar no salón de actos do centro as reunións informativas para a aclaración das dúbidas que poidades ter sobre os programas Erasmus. Poderán asistir tanto os/as alumnos/as xa inscritos como aqueles/as que queiran ter máis información sobre os mesmos. 

Serán no segundo recreo de cada ciclo, cos seguintes horarios:

  • Ciclos da familia de "Electricidade e electrónica": de 12:00 a 12:15
  • Ciclos das familias de "Transporte e mantemento de vehículos" e de "Madeira, moble e cortiza": de 12:25 a 12:40
  • Ciclos das familias de "Fabricación mecánica", "Enerxía e auga" e "Instalación e mantemento": de 12:45 a 13:00

 Recordade que a data límite de inscrición nos Erasmus é o día 9 de decembro.

 

2ª CONVOCATORIA DE PROBAS DE NIVEL PARA A PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN (ALUMNADO DE 1º)

Convócase ao alumnado de 1º curso e 1º ano de modular de calquera ciclo, que se inscribiran para as probas de certificación no mes de setembro, a unha proba de nivel para a valoración por parte de Priya do nivel no que se deberían matricular nas probas de certificación.

A proba consistirá nunha entrevista con Priya, e terá lugar nas seguintes datas e lugares:

Turno de tarde:

  • Luns, 14 de novembro, de 16:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Mércores, 16 de novembro, de 17:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).

Turno de mañá:

  • Martes, 15 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-7).
  • Xoves, 17 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-5).

Unha vez realizadas as probas, publicarase un listado co alumnado seleccionado e os niveis correspondentes nos que se aconsella que realicen a matrícula. O nivel resultante da entrevista non será vinculante, só orientativo, e o/a alumno/a poderá matricularse no nivel que desexe. 

Esta 2ª convocatoria xurde ao non se cubriren a totalidade das prazas ofrecidas para o alumnado de 2º. É condición necesaria para os/as alumnos/as de 1º que desexen inscribirse que asistan á proba de nivel, pero isto non garantiza que as prazas sobrantes cheguen para todos xa que dependerá do número de alumnos/as que asistan.  En calquera caso, o alumnado de 2º terá prioridade á hora da asignación de prazas.

A semana do 14 de novembro, con motivo da celebración das entrevistas, non haberá clases de inglés con Priya.

 

A ASISTENCIA Á ENTREVISTA É OBRIGATORIA PARA CONSTATAR O INTERESE DO/A ALUMNO/A EN ASISTIR Á PROBA, DADO O ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELES ALUMNOS/AS QUE NON SE PRESENTEN ÁS PROBAS DE NIVEL QUEDARÁN EXCLUÍDOS/AS DA MATRÍCULA NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN.

 

VIVE A EXPERIENCIA ERASMUS!

Está aberto o prazo para inscribirse no programa Erasmus, ata o día 9 de decembro.

Poden apuntarse os/as alumnos/as de grao medio e superior, tanto para realizar as súas prácticas de FCT no estranxeiro como para estadías de traballo unha vez titulados.

Inscríbete:

 Máis información en:

Animádevos a vivir a experiencia Erasmus! Sonrisa

 

 

 

PROBAS DE NIVEL PARA A PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN

Convócase ao alumnado de 2º curso e 2º ano de modular de calquera ciclo, que se inscribiran para as probas de certificación no mes de setembro, a unha proba de nivel para a valoración por parte de Priya do nivel no que se deberían matricular nas probas de certificación.

A proba consistirá nunha entrevista con Priya, e terá lugar nas seguintes datas e lugares:

Turno de tarde:

  • Luns, 7 de novembro, de 16:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Mércores, 9 de novembro, de 17:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).

Turno de mañá:

  • Martes, 8 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-7).
  • Xoves, 10 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-5).

Unha vez realizadas as probas, publicarase un listado co alumnado seleccionado e os niveis correspondentes nos que se aconsella que realicen a matrícula. O nivel resultante da entrevista non será vinculante, só orientativo, e o/a alumno/a poderá matricularse no nivel que desexe. No caso de que co alumnado de segundo non se cubran as prazas ofertadas pola Xunta, farase unha convocatoria para o dos primeiros cursos.

A semana do 7 de novembro, con motivo da celebración das entrevistas, non haberá clases de inglés con Priya.

 

A ASISTENCIA Á ENTREVISTA É OBRIGATORIA PARA CONSTATAR O INTERESE DO/A ALUMNO/A EN ASISTIR Á PROBA, DADO O ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELES ALUMNOS/AS QUE NON SE PRESENTEN ÁS PROBAS DE NIVEL QUEDARÁN EXCLUÍDOS/AS DA MATRÍCULA NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN.

 

 

CAMBIOS NAS CLASES DE CONVERSA EN INGLÉS

Houbo un cambio no horario das clases de conversa con Priya. As clases quedan como se indica a continuación:

  • Clases de preparación da proba de certificación do nivel B1: os luns, de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Clases de preparación da proba de certificación do nivel B2: os mércores, de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Clases de preparación da proba de certificación do nivel C1: os luns, de 16:00 a 18:00 (aula I-7).
  • Clases de preparación das probas de certificación dos niveis B1 e B2, para alumnado do turno de tarde: os martes e xoves, de 10:45 a 11:45 (martes na aula I-7 e xoves na I-5). 
  • Clases de conversa para profesorado, persoal do centro e alumnado: os mércores, de 17:00 a 18:00 (aula I-7).

 

ÁS CLASES DE INGLÉS DOS DISTINTOS NIVEIS PODE ASISTIR TODO O ALUMNADO DO CENTRO, AÍNDA QUE NON SOLICITARAN A SÚA PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN.

 

  

Acreditación lingüística do alumnado en Lingua Estranxeira

O centro CIFP Ferroltera vai solicitar a participación neste programa cuxo obxectivo principal é a acreditación das competencias en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL).

O alumnado interesado deberá entregar na secretaría do centro antes do 15 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recolleran solicitudes por correo electrónico.

Pódese descargar o compromiso no seguinte link: Compromiso de participación

O texto completo da convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf