BAREMO FP DUAL PROGRAMACIÓN DA PRODUCCIÓN DE FM. ACEBRON GROUP, INTAF, SMI e DEMAQ

FP DUAL PROGRAMACIÓN DA PRODUCCIÓN DE FABRICACIÓN MECÁNICA

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR ACEBRON GROUP, INTAF, SMI e DEMAQ

       smi

 

FP DUAL MANTEMENTO ELECTRÓNICO. BAREMO ELECTRÓNICA Y COMUNICACIONES NOROESTE SL

FP DUAL MANTEMENTO ELECTRÓNICO

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR ELECTRÓNICA Y COMUNICACIONES NOROESTE SL

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Formación. Baremará únicamente a de maior valor.

25

Puntos máximo. CGS afíns a Electrónica. Exemplo: Telecomunicacións, Informática, Mecatrónica, Robótica, Automática.

20

Puntos máximo. CGS afíns a Electrónica.

10

Puntos máximo. Cursos específicos de Electrónica impartidos por INEM, SEPE ou outras entidades homologadas.

5

Bacharelato.

·       

Experiencia laboral

25

Puntos máximo. Experiencia acreditada no Sector da Electrónica.

·        Entrevista Personal. Será realizada de manera previa a la baremación.

50

Puntos máximo

É requisito para ser baremado obter un mínimo de 25 puntos nesta entrevista.

 

FP DUAL DESEÑO DE FABRICACIÓN MECÁNICA. BAREMO NAVANTIA

FP DUAL DESEÑO DE FABRICACIÓN MECÁNICA

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR NAVANTIA

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Titulación. Baremará únicamente a de maior valor.

25

CFGS afíns a Deseño Fabricación Mecánica. Exemplo: CS Construccións Metálicas, Programacion da Producción de Fabricación Mecánica, Mecatrónica…

25

Bacharelato con Debuxo Técnico

10

CGM afín a Fabricación Mecánica

10

Outros bacharelatos

·      Idioma.

10

Inglés B1. Acreditación Oficial do Nivel

·        Curso Prevención Riscos Laboráis Básico (o superior)

10

50 horas

·        Experiencia laboral

10

Experiencia acreditada no Sector Naval ou en actividades afines á Fabricación Mecánica ou Delineación

·        Curriculum EUROPASS

5

Puntos máximo

·        Probas de coñecementos. A proba de coñecementos realizarase de manera previa á baremación.

A proba consistirá en:

          20 preguntas de Debuxo Técnico
          20 preguntas de Matemáticas

É requisito para ser baremado obter un mínimo de 15 puntos nesta proba.

40

Puntos máximo

 

Recoñecementos Médicos Previos: Co obxectivo de que o persoal en prácticas teña as mesmas condicións de prevención e protección que os empleados cos que compartirán o posto de traballo/practicas, os alumnos que resulten seleccionados para cursar FP Dual en Navantia terán que pasar unha calificación de aptitude médica previa á entrada nas instalacións de Navantia

FP DUAL MECATRÓNICA INDUSTRIAL. BAREMO TECNORENOVA

FP DUAL MECATRÓNICA INDUSTRIAL

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR TECNORENOVA

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Titulación. Baremará únicamente a de maior valor.

25

CGS afíns a Mecatrónica Industrial. Exemplo: Fabricación mecánica, Electricidade e Electrónica, Automoción, Deseño de Fabricación Mecánica, etc.

25

Bacharelato

10

CGM afín a Mecatrónica Industrial.

10

Cursos específicos (GWO, Riesgo eléctrico, etc.) impartidos por entidades homologadas.

·      Idioma. Baremará únicamente o coñecemento dun dos 2 idiomas.

10

Inglés B1. Acreditación Oficial do Nivel

10

Francés B1. Acreditación Oficial do Nivel.

·        Curso Prevención Riscos Laboráis Básico (o superior)

10

50 horas

·        Experiencia laboral

10

Experiencia acreditada no Sector Eólico ou en actividades afíns á Mecatrónica Industrial.

·        Curriculum EUROPAS

5

Puntos máximo

·        Probas de coñecementos. A proba de coñecementos técnicos realizarase de manera previa á baremación.

40

Puntos máximo

É requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 15 puntos nesta proba.

 

FP DUAL ENERXÍAS RENOVABLES. BAREMO TECNORENOVA

FP DUAL ENERXÍAS RENOVABLES

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR TECNORENOVA

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Titulación. Baremará únicamente a de maior valor.

25

CGS afíns a Enerxías Renovables.

25

Bacharelato

10

CGM afín a Enerxías Renovables.

10

Cursos específicos (GWO, Riesgo eléctrico, etc.) impartidos por entidades homologadas.

·      Idioma. Baremará únicamente o coñecemento dun dos 2 idiomas.

10

Inglés B1. Acreditación Oficial do Nivel.

10

Francés B1. Acreditación Oficial do Nivel.

·        Curso Prevención Riscos Laboráis Básico (o superior)

10

50 horas

·        Experiencia laboral

10

Experiencia acreditada no Sector Eólico ou en actividades afíns a Enerxias Renovables

·        Curriculum EUROPAS

5

Puntos máximo

·        Probas de coñecementos. A proba de coñecementos técnicos realizarase de manera previa á baremación.

40

Puntos máximo

É requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 15 puntos nesta proba.

 

 

BAREMO FP DUAL CT INGENIEROS

FP DUAL DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN APROBADOS POR CT INGENIEROS

BAREMO SOBRE 100 PUNTOS

·      Titulación. Baremará únicamente a de maior valor.

20

CFGS afíns. Exemplo: CS Construccións Metálicas, Programacion da Producción de Fabricación Mecánica, Mecatrónica…

10

Bacharelato con Debuxo Técnico

10

CGM afíns

5

Outros bacharelatos, CFGS ou CGM

 

·      Idioma.

20

Inglés B2. Acreditación Oficial do Nivel

10

Inglés B1. Acreditación Oficial do Nivel

·        Experiencia laboral

10

Experiencia acreditada no Sector Naval ou en actividades afines á Delineación

·        Entrevista persoal e tests de selección. Seguindo o procedemento de selección de persoal de CT Ingenieros, os candidatos deberán realizar unha entrevista persoal, máis os seguintes tests:.

  • Psicotécnico TIG-2
  • Capacidade Visual DAT
  • Persoalidade SOSIAS

50

Puntos máximo

 

 

 

Información xeral de admisión. Curso 2019/2020

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Si se cumpren os requisitos de acceso, utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Información sobre a reserva, matrícula e renuncia vía web

A aplicación informática “Ciclosadmision” permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.

Estes servizos soamente estarán dispoñibles nos momentos que corresponda en función das fases do proceso de admisión. Antes de acceder á aplicación informática consulte a información. 

Réxime ordinario

Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo. 

Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión. 

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan prazas vacantes ao final do proceso.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.