Probas libres curso 2022-2023

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

O próximo 17 de abril comeza o prazo de presentación de solicitudes ás Probas libres de títulos LOE de FP.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.

Para máis información navega no menú Oferta Educativa -> Probas Libres ou fai click aquí.

BOLSAS PARA ESTUDAR CURSO 23-24

O prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudar en FP durante curso 2023/2024 comenza o luns 27 de marzo e remata o 17 de maio. 

É importante que as persoas soliciten a beca neste período, aínda que non sepan que estudos van realizar definitivamente o curso que ven.


 

 

Premios extraordinarios FP

Convocatoria de premios extraordinarios FP Superior:

Repartirase un premio por familia profesional. O premio consistirá en unha dotación económica de ata 1000euros.

Requisitos dos solicitantes:

-Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2022.

-Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

-Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

 

 

 

Forma e presentación de solicitudes:   Ata o 7 de abril de 2022, na aplicación informatica  https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/ accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.

 

 

 

Toda a información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39413

 

 

 

Novos cursos AFD!!!

Xa te podes apuntar nos cursos AFD que se van impartir no CIFP Ferrolterra:

Mantemento e montaxe mecánica de equipo industrial. Especialidade: IMAQ0108. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 8:30- 14:30 (agás o PRL)

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004846-01ou ben nas oficiñas do inem.
 
Montaxe e instalación de construcións de madeira. Especialidade: MAMB0210. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial. Horario: 16:00 a 22:00h.
 
Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004874-01
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG. Especialidade: FMEC0110. Nivel 2 (Formación cualificada completa). Modalidade: Presencial.

Se te interesa podes inscribirte directamente en: https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004842-01

Se tes algunha dúbida envianos un email ao cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

 
As probas de selección de candidatos destes 3 cursos serán o 23/2 e comezarán o 27/2.
 
Haberá tamén 3 cursos AFDs de:
ELEM0210 – Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de sistemas de automatización industrial,
TMVG0109 - Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos
ENAE0111 - Operacións básicas na montaxe e no mantemento de instalacións de enerxías renovables
Mais información no cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal

XVII Xornadas Ensino Empresa

Do 30 de Xaneiro ao 3 de Febreiro de 2023

Logo XVII Xornadas E/E 

Descarga o programa das actividades clicando aquí.

 

AUSENCIA DE PRIYA

Dende o martes 24 e ata o xoves 26 de xaneiro non haberá clases de inglés con Priya.

 

DATAS DEFINITIVAS DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Xa son definitivas as datas e horas das probas escritas dos exames de certificación de inglés:

  • Nivel B1: Luns, 6 de febreiro ás 10:00.
  • Nivel B2: Xoves, 2 de febreiro ás 16:00.
  • Nivel C1: Luns, 6 de febreiro ás 16:00.

Estamos todavía pendentes de coñecer as datas dos exames orais individuais. En canto a Escola Oficial de Idiomas nolas indique, comunicarémolas.

 

VISITA DE ESTUDIANTES ERASMUS ALEMANES

Del 3 al 11 de noviembre y dentro del programa Coastline de Erasmus+, el CIFP Ferrolterra recibió la visita de David, Lukas, Sebastian y Matz, un grupo de alumnos del instituto TBZ Mitte de Bremen (Alemania), junto con su profesor Michael Graf-Jahnke.

Estos alumnos están cursando en su país una FP Dual con las empresas Kuka y Minimax, y en nuestro centro asistieron a clases relacionadas con su actividad en las mismas: robótica, CNC y autómatas programables. También visitaron la empresa INTAF.

 ¡Gracias por vuestra visita!

 

Probas de acceso a ciclos 2023

Prazos de inscrición:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Orde do 5 de decembro de 2022

Máis información:

 

GAÑADOR@S CONCURSO TARXETAS DE NADAL EN GALEGO

GAÑADOR@S

CONCURSO

"TARXETAS DE NADAL EN GALEGO"

1º PREMIO

 

2º PREMIO 

 

3º PREMIO

 

NORABOA @S GAÑADOR@S!!!!

GRAZAS A TOD@S

POR PARTICIPAR!