Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Con motivo da celebración do Samaín realizáronse no centro varias actividades: decoración do centro con temática de Samaín e defuntos, elaboración e degustación de produtos típicos desta data e como peche da semana, contamos coa presenza do monologuista Quico Cadaval que nos descubriu contos e historias cun mesmo fío condutor, o mundo dos vivos e dos mortos.

CELEBRAMOS O SAMAIN CON QUICO CADAVAL

Para celebrar o Samaín no CIFP Coroso contamos coa presenza de Quico Cadaval que nos contará historias que terán como eixe o máis alá o mundo paranormal e estarán ambientadas  no  noso entorno máis próximo.
Asistirá todo o alumnado de Ciclos Superiores, arredor de 80 alumnos/as.

O Samaín con Quico Cadaval

COMEZO DO CURSO 2023-2024 O DIA 11/09/2023

O vindeiro luns día 11/09/2023 comeza o novo curso 2023-24. De seguido amosamos os horarios das presentacións dos diferentes ciclos, en horarios de mañan e tarde.

Clique para ver o documento

OFERTA FORMATIVA E RESERVA PARA O CURSO 2023-24

CIFP Coroso

Publicamos información para poder axudar a facer a reserva de praza e a matrícula nun Ciclo Formativo de réxime ordinario e para adultos, e DUAL para o vindeiro curso 2023-24. Facer clic nos logos para visualizar o correspondente documento en .pdf

ENCONTRO TERRITORIAL - PLAN CONECTA FP GALICIA

O 2 de xuño celebrouse no CIFP Coroso o Encontro Territorial dentro do Plan Conecta FP Galicia. Contamos con 2 mesas redondas nas que se falou da FP Dual e do procedemento de acreditación de competencias profesionais. Máis información clicando neste enlace.

Encontro Territorial en Ribeira

X XORNADA DE PORTAS ABERTAS

No CIFP Coroso celebramos no mes de maio a X xornada de Portas Abertas para promocionar os ciclos medios que se ofertan no centro. Acudiron 108 alumnos/as de cinco centros educativos de Ribeira, Pobra e Boiro.

X Xornadas de Portas Abertas 2023

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2023 NO CIFP COROSO

Ven a celebrar o Día das Letras Galegas! A biblioteca énchese de música e dos paxariños piadores de adeus ríos, adeus fontes...

Dia das Letras Galegas 2023

PROBAS LIBRES 2023

Calendario de Probas Libres 2023. Clicar nos logos para ver o documento correspondente.

Xornada acollementos probas libres obtención títulos LOE FP 2023. O vindero xoves 1 de xuño do 2023.

Transporte e Mantemento de Vehículos - TMV

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS