Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Documentación e trámites

O alumnado do centro de calquera réxime ou ciclo que rematou os seus estudos (incluída FCT ou FCT+proxecto), ten dereito a solicitar o título académico dos estudos finalizados.

Para facer a solicitude do título, deberá facer previamente o pagamento das taxas (ver tarifas actuais de expedición de títulos) e a continuación entregar en secretaría a seguinte documentación: 

 

En relación co pagamento de taxas, pódese facer de maneira integramente telemática ou ben descargar o modelo en branco e pagar no banco. Os pasos a seguir son:

Pago de taxas e prezos → Iniciar taxa → Acceso libre/Acceso con certificado → Autoliquidación e pago de taxas e prezos → Iniciar tramitación electrónica → Iniciar taxa → Completar os datos → Realizar o pago telematicamente e descargar o modelo ou imprimir o modelo e realizar o pago nunha entidade bancaria → Entregar na secretaría do centro

Pago de taxas e prezos → Iniciar taxa → Acceso libre/Acceso con certificado → Autoliquidación e pago de taxas e prezos → Descargar modelo en branco → Imprimir o modelo de autoliquidación de taxas → Completar os datos → Realizar o pago nunha entidade bancaria → Entregar na secretaría do centro