Ofertas de emprego

 

Se es empregador e tes unha oferta de traballo, podes publicala poñéndote en contacto co centro a través do correo electrónico cifp.coroso@edu.xunta.es

A seguir lístanse as ofertas de emprego máis recentes dispoñibles no centro. Para máis información, diríxanse persoalmente ao centro, por teléfono, ou ben no correo electrónico: cifp.coroso@edu.xunta.gal

  • Cód. #200104: Empresa de automoción busca titulados medios ou superiores, co carnet de conducir tipo B, para realizar tarefas de mecánica rápida e preparación de vehículos. Preferiblemente candidatos da comarca do Barbanza.
  • Cód. #200103: Empresa adicada ao mantemento e reparación de vehículos de motor, ubicada en Outes, busca titulados co CM ou CS de automoción para traballar nas súas instalacións.
  • Cód. #200102: Empresa adicada ao mantemento e reparación de vehículos de motor, principalmente camións, ubicada en Valga, busca titulados co CM ou CS de automoción para traballar nas súas instalacións.
  • Cód. #200101: ETT selecciona encargada ou encargado de limpeza agroalimentaria para centro de traballo en Ourense. Encargarase da interlocución co cliente, supervisar e dirixir os servizos de limpeza conforme ás políticas xerais, dirixir e coordenar os equipos de traballo do centro, supervisar e asegurar o cumprimento dos plans de prevención de riscos, control de pedidos de consumibles e optimización de recursos. Requisitos: formación en ciclo de FP da rama de industrias alimentarias, experiencia en xestión de equipos, experiencia laboral de dous ou tres anos, usuario de aplicacións ofimáticas, actitude dinámica e resolutiva, con iniciativa, dispoñibilidade para traballar en turnos de noite. Ofrécese inicialmente contrato temporal e posteriormente indefinido.
  • Cód. #191201: ETT selecciona persoal para bolsa remunerada nunha empresa de maquinaria industrial con sede en Galicia e adicada aos sectores da automoción, iluminación, mobiliario, metalúrxica, etc. Requisitos: título de grao superior en Automatización e Robótica Industrial ou similar; valorarase coñecementos complementarios en neumática e electrónica, así como experiencia previa de prácticas non remuneradas en empresas do sector industrial; residencia en Ordes ou posibilidade de cambio de residencia; dispoñibilidade para realizar desprazamentos co equipo de traballo; carnet de conducción e vehículo propio. Encargarase de dar apoio nas labores de mantemento de sistemas de automatización industrial, verificación do correcto funcionamento de cadros e equipamento eléctricos, posta en marcha de sistemas de automatización industrial e apoio nas labores de programación de robots industriais.
  • Cód. #191101: Empresa do sector da automoción selecciona técnicos de mantemento eléctric/electrónico, automatización e mecánicos, para a súa pranta de Vigo. Requisitos: CS de algunha das seguintes especialidades: Automatización e Robótica Industrial, Mantemento Electrónico, Mecatrónica Industrial, Construccións Metálicas, Fabricación Mecánica, Sistemas Electrotécnicos e Automatizados; dispoñibilidade para traballar en turnos rotativos de mañá e tarde, turno de noite ou turno de fin de semana. Encargarase de mantemento industrial, detectar e correxir avarías segundo especificacións técnicas, asistencia técnica en maquinaria industrial, mantemento preventivo e correctivo da maquinaria, programación e automatización de procesos, suspervisión e control do axeitado funcionamento de máquinas e instalacións. Ofrécese formación inicial e plan de carreira dentro da empresa.
  • Cód. #191001: Empresa de fabricación e comercialización de conxelados, ubicada en Marín, selecciona Técnico de Calidade para un posto estable. Requisitos: técnico de FP, preferentemente de Calidade e Laboratorio, experiencia no sector da alimentación e dispoñibiidade para viaxar pola comunidade galega, valorarase coñecementos de Inglés e formación en seguridade alimentaria, así como facilidade para usar ferramentas ofimáticas. Traballará baixo a supervisión do Director da Calidade da empresa.
  • Cód. #190905: Empresa líder do sector das grúas, ubicada nas cercanías de Padrón busca titulados en automoción.
  • Cód. #190904: Búscase técnico con CS de Robótica ou Mecatrónica.
  • Cód. #190903: Empresa adicada á venta e reparación de maquinaria agrícola, tanto de xardinería como forestal, selecciona mecánico en prácticas para incorporación inmediata.
  • Cód. #190902: Empresa do sector da climatización ubicada nas cercanías da Coruña selecciona frigorista para instalación, reparación e montaxe de instalacións de climatización e frío industrial. Requisitos: CM Inst. frigoríficas e de climatización, dispoñibilidade para desprazarse pola comunidade galega.
  • Cód. #190901: ETT selecciona persoal de automoción, mecánica, electricidade e mantemento, para diversos perfiles en empresa líder do sector da automoción. Requisitos: incorporación, inmediata, dispoñibilidade horaria para turnos de mañá, tarde, noite e/ou fins de semana, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo e implicación.
  • Cód. #190801: Empresa do sector do frío busca frigorista con experiencia na montaxe de aire acondicionado, con dispoñibilidade para viaxar. Retribución segundo valía.
  • Cód. #190702: ETT informa de que dispón dunha bolsa de traballo para que os alumnos do centro se poidan dar de alta e recibir ofertas de emprego.
  • Cód. #190701: Empresa adicada á fabricación, instalación e mantemento de portas automáticas, portais de garaxe e motores de portas, ubicada nas proximidades da Coruña, busca titulado de FP con coñecementos de electricidade/electrónica e soldadura para incorporación inmediata.
  • Cód. #190504: Empresa do sector do frío, ubicada perto do Grove busca técnicos frigoristas (CM de Inst. Frigoríricas e de Climatización) para incorporación inmediata.
  • Cód. #190503: Empresa adicada á venta e reparación de maquinaria agrícola, busca titulado con coñecementos de electromecánica para incorporación inmediata.
  • Cód. #190502: ETT selecciona persoal sen experiencia para formarse nun posto de técnico instalador de equipos de frío e calor industrial e hostaleiro. Requisitos: CM Inst. Frigoríficas e de Climatización ou prácticas pendentes, incorporación inmediata, flexibilidade horaria, boa actitude e disposición no posto de traballo.
  • Cód. #190305: Búscase titulado electricista para a zona do Porto do Son.
  • Cód. #190304: Empresa adicada ao sector da calefacción busca titulado para servizo técnico de caldeiras.
  • Cód. #190303: Búscase titulado con coñecementos de soldadura para incorporación inmediata.
  • Cód. #190302: Búscase persoa con titulación para traballos en altura e plataformas elevadoras.
  • Cód. #190301: Empresa adicada ao frío e calefacción busca titulados en frío, calefacción e electricidade para incorporación inmediata.
  • Cód. #190501: Empresa do sector do frío busca traballador especializado na rama de Frío Industrial (CM Inst. Frigoríficas e Climatización) para a zona de Outes.
  • Cód. #180601: ETT selecciona titulado no CM de carrocería  para empresa líder en fabricación de vehículos todo terreo, en tarefas relacionadas coa pintura. Ofrécese contrato en prácticas remuneradas (6 meses) ou posibilidade de contrato eventual no caso de non cumplir cos requisitos para contrato en prácticas.
  • Cód. #180204: Empresa do sector automovilístico selecciona operario para traballo en carrocería de vehículos, contrato en prácticas remuneradas.
  • Cód. #180203: Empresa do sector da depuración de augas busca operario de mantemento eléctrico (CS Sists. Electrotécnicos e Automatizados) para pranta en Aguiño.
  • Cód. #180202: ETT selecciona operario para empresa líder no sector industrial, en calidade de prácticas remuneradas. Requisitos: os necesarios para formalizar un contrato en prácticas e formación en mecanizado ou similar.
  • Cód. #180201: Empresa adicada á montaxe e reparación de instalacións de fontanería, electricidade e calefacción, precisa dun operario electricista.
  • Cód. #180101: Taller de reparación de automóviles precisa dun traballador na rama de mecánica.
  • Cód. #170701: Selecciónase persoal para posto de traballo en electromecánica, incorporación inmediata.