Formación e Orientación Laboral

E FOL, que ven sendo?

FOL son as siglas de Formación e Orientación Laboral, un módulo que se cualifica de transversal, principalmente porque:

  • Se imparte en todos os ciclos de grao medio e superior da F.P.
  • Non se estudan cuestións específicas do ciclo, pero que sí teñen grande importancia para tí como futuro profesional, máis aló da familia ou sector no que desenvolverás a túa carreira.

E a pesares de estar presente en todos os ciclos, FOL é a grande descoñecida da F.P. Debido a que neste módulo se tratan contidos de lexislación e moita teoría, o alumnado, en liñas xerais, amosa certo rexeitamento por el, pero iso cambia cando comprenden que poden aportarlles esos temas na súa futura profesión.

Entón, para qué serve?

Esa é a grande pregunta que se fai a maioría do noso alumnado (si, non eres o/a único/a!).

Para responder, faite a seguinte pregunta:

Cantas persoas traballadoras se ven indefensas nos seus postos de traballo e precisan da axuda dunha asesoría laboral?

Seguro que todo o mundo coñece o caso de alguén que pregunta acerca de se ten dereito a paro cando finaliza o seu contrato, ou por qué lle reteñen tanto da súa nómina,... Dende o departamento de FOL, todo o seu profesorado temos vivido a experiencia de atoparnos pola rúa con antigas/os alumnas/os que nos lembran no seu día a día laboral, porque recoñecen nas experiencias que viven como persoas traballadoras todo ese “rollo” que estudiabamos nas clases, e preguntan “Na miña empresa queren mandarme para outra cidade, poden facelo?”, “Cantas vacacións me corresponden?”, “Onde podo mirar o soldo que me teñen que pagar?”,... “Ai, profe, tiña que haberte escoitado máis!”

Podemos decir que, a grandes rasgos, FOL permitirache entender e familiarizarte coas condicións de traballo que vas a ter na túa vida profesional, así como as normas legais que che serán aplicables. Aprenderás acerca dos teus dereitos e obrigas como traballador/a, sobre os riscos laborais, analizar a túa nómina, ... Tamén che axudará na procura de emprego, cousa que é de vital importancia nos nosos días.

De aí que FOL é unha materia que debe interesar a todo o alumnado, con independencia do ámbito académico, debido a que, máis tarde ou máis cedo, estará en nómina e desempregará un posto de traballo. Ademáis, o feito de que teñas estes recursos, o saber qué dereitos e qué obrigas tes, tamén axudará a que teñas as túas propias “armas” para que non se produzcan abusos ou explotacións no teu traballo.

En conclusión...

  • Non importa cal sexa a túa procedencia en termos académicos, FOL é un módulo de interese para todas as persoas, xa que a grande maioría dos contidos que se tratan valen igual para un esteticista que para unha mecánica, un garda forestal ou unha técnica de laboratorio.
  • Coñecer todas as reviravoltas das relacións laborais, dende o comezo coa firma do contrato ata a súa extinción, é fundamental para que estas se produzan dun xeito totalmente xusto e no marco da legalidade. É fundamental coñecer tanto os nosos dereitos e obrigas como traballadores e traballadoras, como os da empresa que nos contrate.
  • Se o día de mañá se cometera unha inxustiza no teu traballo, ¿gustaríache ser capaz de identificala? Se algún día perderas o teu traballo, crees que saber cómo actuar podería serche de axuda? E se estás buscando traballo e non sabes por ónde empezar, pensas que che virían ben algúns consellos para saber por ónde empezar e cómo facelo?

Cando contestes a estas preguntas, recoñecerás a importancia do módulo de Formación e Orientación Laboral no curriculo académico e todo o beneficioso que será para a túa futura inserción no mundo laboral.