Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Probas de acceso a Ciclos Superiores 2022

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para o ano 2022.

Poderedes atopar toda a información no resumo que se recolle abaixo nos documentos .pdf correspondentes, e tamén ter acceso  ó calendario que publicou a Consellería coas datas de todo o procedemento.

O prazo ábrese o vindeiro 31 de xaneiro do 2022.

Xornadas alumnado con TEA no CIFP Coroso

Charla sobre o TEA no CIFP Coroso

O martes 14 de decembro, tivo lugar na biblioteca do CIFP Coroso unha actividade formativa dirixida ao profesorado do centro para achegarnos ao trastorno do espectro autista - TEA, impartido pola psicóloga Marlene Horna Castiñeiras. O obxectivo era a comprensión deste trastorno e adquirir estratexias educativas para aplicar na aula.

Iago Castro medalla de ouro de carrocería nas Skills galegas de 2021

Desde o CIFP Coroso queremos felicitar a Iago Castro, alumno do centro, polo seu éxito ao gañar a medalla de ouro en reparación de carrocerías. Parabéns!

O Samaín no CIFP Coroso

Ven á Biblioteca

QUERES DESCUBIR O TERROR?, pásate pola Biblioteca do CIFP Coroso... Animámosvos a que pasedes pola Biblioteca neste Samaín, e tamén convidarvos a unha degustación que terá lugar o vindeiro mércores día 3 de novembro no patio cuberto (a carón da cafetería), en horario de 11 a 12 h da mañan. Agardámosvos !!!

Edugal 2021 - Salón da oferta educativa de Galicia

Edugal 2021

Os días 20, 21 e 22 de outubro tivo lugar a 10ª edición do Salón da Oferta Educativa de Galicia - EDUGAL no recinto feiral de Pontevedra. O CIFP Coroso estivo alí presentando a súa oferta das familias profesionais e algúns dos proxectos recentemente realizados neste Centro.

Xornadas de acollemento ao novo curso escolar 2021-22

Publícanse as datas e aulas da xornada de acollemento dos diferentes grupos. 

É importante recordar que seguen activas as medidas de prevención contra a COVID-19, polo que:

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS