Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Cecilia Pérez Dávila - Premio estatal de FP

O pasado 4 de Febreiro foi a entrega dos premios aos mellores expedientes de FP do estado. Entre eles estaba a alumna de Industrias Alimentarias do CIFP Coroso, Cecilia Pérez Dávila.

 

Iago Castro na TVG - Programa: Fun polo aire

O campión en reparación de carrocería, Iago Castro (medalla de ouro nas Skills Galicia 2021) foi entrevistado onte polos reporteiros do programa da TVG 'Fun polo aire'.

Ver Programa completo na TVG.

 

Probas de acceso a Ciclos Superiores 2022

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para o ano 2022.

Poderedes atopar toda a información no resumo que se recolle abaixo nos documentos .pdf correspondentes, e tamén ter acceso  ó calendario que publicou a Consellería coas datas de todo o procedemento.

O prazo ábrese o vindeiro 31 de xaneiro do 2022.

Xornadas alumnado con TEA no CIFP Coroso

Charla sobre o TEA no CIFP Coroso

O martes 14 de decembro, tivo lugar na biblioteca do CIFP Coroso unha actividade formativa dirixida ao profesorado do centro para achegarnos ao trastorno do espectro autista - TEA, impartido pola psicóloga Marlene Horna Castiñeiras. O obxectivo era a comprensión deste trastorno e adquirir estratexias educativas para aplicar na aula.

Iago Castro medalla de ouro de carrocería nas Skills galegas de 2021

Desde o CIFP Coroso queremos felicitar a Iago Castro, alumno do centro, polo seu éxito ao gañar a medalla de ouro en reparación de carrocerías. Parabéns!

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS