Afrontando o confinamento polo COVID-19

Obradoiros por videoconferencia con profesionais da psicoloxía e terapeutas especializados, ca finalidade de afrontar mellor o confinamento provocado polo Estado de Alarma derivado da pandemia do COVID-19.

Obradoiros polo COVID-19

O CIFP Coroso dona equipamento de protección individual (EPI)

O CIFP Coroso ven de aportar o seu gran de area na loitra contra a pandemia do coronavirus COVID-19 que estamos a padecer en todo o planeta, e de xeito moi significativo no noso país, ca entrega de diverso equipamento de protección individual (EPI), tal e como recolle La Voz de Galicia na súa edición de hoxe 21 de marzo. Os recursos dos que dispoñen as familias profesionais de Industrias Alimentarias e Automoción foron entregados polo Director do Centro M.

CIFP COROSO e AMICOS compartiron unha xornada de traballo conxunto

O pasado 5 de marzo, alumno de FP Básica do CIFP Coroso visitaron o centro de atención integral Amicos de Comoxo, en Boiro. Eis a noticia publicada en O Barbanza.

Concurso de carteis para o Dia Internacional da Muller

No CIFP Coroso organízase un concurso de carteis para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O concurso está aberto á participación de toda a comunidade educativa. Podes consultar aquí mesmo as bases, ou preguntando na biblioteca.  Anímate e presenta o teu carteL !!!

O CIFP de Coroso acolle un obradoiro de nós co mariñeiro palmeirán José Mariño

Este luns 17 de xaneiro celebrouse no CIFP de Coroso, a primeira sesión do obradoiro de elaboración de nós mariñeiros que organiza o centro, contando coa estimábel contribución do ex-mariñeiro palmeirán José Mariño Sánchez, quen mostrou aos participantes como traballar cos cabos para facer os amarres máis indicados para cada tipo de labor no mar e para cada tipo de embarcación.

A mestura perfecta

Os alumnos de FP Básica de Industrias alimentarias deléitannos cun prato moi saboroso e sinxelo de facer. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.

Igualdade de xénero no CIFP Coroso

A igualdade de xénero nas ensinanzas de FP do CIFP Coroso é unha realidade. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.

 

O C.I.F.P. COROSO NA TELEVISIÓN DE GALICIA

A TELEVISIÓN DE GALICIA VISITA O CIFP COROSO PARA FALAR DA F.P. DUAL

Extracto do programa da TVG "Fun polo Aire" (emisión do 29/01/2020), onde visitan o CIFP Coroso, e se lle a dan a coñecer aspectos básicos sobre a F.P. Dual.

 

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS