Se queres solicitar unha bolsa de axuda ao estudo para o curso 2024-25 lembra que o prazo de solicitude será do 19 de marzo ao 10 de maio incluído. Atoparás toda a información de como se fai o procedemento, neste documento.
Celebramos o 8 de marzo, Día internacional da Muller traballadora, e este ano no centro quixemos visibilizar a mulleres creativas, científicas, inventoras.. e montamos unha exposición co legado desas mulleres. Dita exposición atópase repartida entre os dous edificios do centro.
Nuns días abrirá o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos Medios. Ditas probas serán o 23 de maio, e o CIFP Coroso é unha das sedes nas que se poden realizar.
Non esquezades inscribirvos do 26 de febreiro ao 8 de marzo incluídos. Máis información aquí.
Este pasado xoves día 15 de febreiro, houbo unha charla para presentar o proxecto Green Diving na biblioteca do CIFP Coroso, evento no cal particparon varios invitados.
Informe cos datos relativos á inserción laboral do alumnado do CIFP Coroso durante o ano 2023. Este estudo recolle os datos das diferentes familias profesionais que se imparten no centro, e tamén os distintos períodos nos que o alumnado realiza as prácticas en empresas.
En breve abre o prazo de inscrición ás probas de acceso a ciclo superior que se celebrarán o día 18 de abril do 2024. O CIFP Coroso é unha das sedes de realización das probas. Dita inscrición faise de xeito telemático, pero podedes obter máis información no resumo que publicamos nesta web.