Música

Espectáculo de música e teatro en Afundación: "A nena e o grilo máis aló".

O alumnado de 1º e 2º cursos asistimos o pasado día 4 a un espectáculo de música e teatro en Afundación.
Este montaxe de Magín Blanco "A nena e o grilo máis aló", conta, a través da amizade, a cooperación, a tolerancia e a superación dos medos, unha historia na que os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertrude, a Araña... Buscando o modo de devolvela á vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao "País do Mortos". Alí intentarán encontrar a Xertrude para traela de volta.
 

Samaín 2019 "Monstros musicais"

Polo Samaín convertémosnos en terroríficos monstros musicais, que só nos podiamos mover cando soaba a música, moito medo non dabamos, pero pasámolo terroríficamente ben.
 

Interpretación con guitarras e ukelele por Alex, Ariadna, Sofía, Xiana de 5ºB

Estas últimas semanas estivemos traballando os instrumentos e a súa clasificación, como complemento para este traballo este grupiño de alumnos de 5ºB trouxeron os seus instrumentos de corda (guitarras e ukelele), dos que nos explicaron as súas características e interpretaron dúas coñecidas cancións. Aínda que estaban un pouco nerviosos, así de ben o fixeron.
 

"A frauta traveseira". Aitana Reboredo, 2º curso.

Aitana Reboredo de 2º curso está aprendendo a tocar a frauta traveseira, aínda está empezando pero quixo compartir con todos nós as súas primeiras melodías, e explicarnos un pouquiño como é a frauta, como se toca, como se limpa... Fixéchelo moi ben, ánimo queda moito por practicar pero vas polo bo camiño.

Marcha Radetzky en percusión corporal

Para celebrar o do Día da Paz, o vindeiro 30 de xaneiro, temos preparada unha canción e acordamos acompañala da coreografía que nos propón o vídeo que segue. Así que ánimo a todos e todas, e a practicar!

A canción podemos vela no Blog da Biblioteca

Concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos"

O pasado día 21 asistimos no auditorio de Afundación a un concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos" a cargo do dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais. Neste espéctaculo os nenos e nenas emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos ritmos e melodías da música popular española. Trasmitíndolles valores sobre a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións; usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical,as frautas feitas de ósos de animais, o theremín (único instrumento que se toca sen tocar), ou a frauta cadeira de camping.
 

"A trompeta", Darío Vidal Salgueiro, 5ºA

Tal e como nos prometera a finais do curso pasado, Darío Vidal Salgueiro de 5ºA explicounos as características da trompeta, instrumento de vento-metal; seguida dunha interpretación de varias pezas. Pasámolo moi ben adiviñando que pezas tocaba, e foi unha magnífica introdución para e empezar a estudar a clasificación dos instrumentos.
Moitas grazas Darío, e moito ánimo para seguir así de ben.

"A trompa", Laura Arribas López, 3ºB

Esta semana o alumnado de 3ºB pudo ver en directo e coñecer un pouco máis un instrumento de vento-metal, a trompa, grazas as explicacións e a interpretación da compañeira Laura Arribas López. 
Ademais todos os compañeiros que quixeron puideron probar a tocar a trompa baixo as súas pacientes instrucións. 
Moitas grazas Laura e animámoste a que sigas así de ben.

ECOPERCUSIÓN

O dia 19 de Abril veu un señor chamado Didier, que nos expuxo instrumentos de ecopercusión. Ecopercusión significa: tocar instrumentos de percusión reciclados. Aos nenos de 5º e 6º curso de primaria ensinounos uns ritmos con cubos e dúas baquetas cada un, menos dous que tocaron bidóns. Estivemos moito tempo practicando para que ao final nos saira ben a canción.

 

COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB

"ECOPERCUSSION", obradoiro de percusión para 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º participou os días 19 e 20 nun obradoiro de percusión "Ecopercussion" co profesor Didier Díaz, que como indica o nome do obradoiro trátase de facer percusión ecolóxica con materiais reciclados: bidóns de pintura, cazolas, botes baleiros recheos con sementes ou area, paus...
Rematados os obradoiros todo o alumnado de 5º e 6º demostrounos o aprendido cunha gran batucada que tivo lugar no patio do colexio.
 

Resumo do obradoiro "ECOPERCUSSION"

Video resumo do obradoiro "ECOPERCUSSION", desde como empezaron os primeiros ritmos ata a gran batucada que nos ofreceu todo o alumnado de 5º e 6º no patio. 

A frauta traveseira. Candela Argibay, 5ºA

Esta semana na clase de 5ºA tivemos a sorte de asistír a un breve concerto en directo, interpretado pola compañeira Candela Argibay Acebedo , que tivo a ben explicarnos con todo detalle as partes dunha frauta traveseira e ademais interpretar tres pezas. Aínda que os nervios ás veces xogáronlle algunha mala pasada comprobade que airosa supo saír da situación. Moitas grazas e moito ánimo para continuar así de ben.

Resumo do concerto didáctico "Na procura do tesouro"

Resumo do concerto didáctico ao que asistimos o pasado día 4 de abril; "Na procura do tesouro", realizado polo alumnado de 4ºB.

Espectáculo de percusión "Circopeta"

O día 1 de decembro os nenos e nenas de primeiro e segundo cursos asistiron a un espectáculo de percusión titulado "Circopeta", interpretado polo grupo de percusión Odaiko. Deste xeito os máis pequenos puideron comprobar como case de calquera cousa se pode facer un instrumento de percusión, e o doado que parece vendo a este grupo. 
Como todos os espéctaculos de Odaiko resultou todo un éxito entre este pequeno público.
 

As notas musicais

Noelia Veiga, Noelia Iglesias, Martina Pazos e Saioa Iglesias deseñaron este proxecto para aprender as Notas Musicais mediante o Scratch

    

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.