EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Poemas de Paz

Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.

Día da Paz 2023.

Despois das actividades realizadas nas aulas os días previos, e expostas polos corredores; o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso", e o lema:

"Se ti sorrís o mundo sorrirá"

Radio Paz 2023

Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.

Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.

Un novo Aguinaldo

As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.

O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".  

A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.

 

A Noitiña de Nadal

Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.

Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.

 

Felicitamos as festas

Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.

Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!

 

Festa de Nadal 2022

Así rematamos o primeiro trimestre do curso:

Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".

Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.

Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.

Boas festas a todos!!!

Vémonos no 2023!!!

Concurso de Contos e Debuxos de Nadal Ateneo Sta Cecilia 2022

Tódolos anos por estas datas é un pracer colaboraror co lonxevo Ateneo Cultural, no seu Concurso de Contos e Debuxos. Aos nosos alumnos failles ilusión e máis se algún deles ten a sorte de ser premiado como foi o caso de: Iria Tomé (2°) , Olivia Fernández (2°), Eira Veiga (2°) e Ramiro Bouzas (6º) no Concurso de Contos, e Roi Sánchez (2º), Adriana Cambeiro (3º) e Valeria Pazos (6º) no de Contos

Nadal no cole. Nadal 2022

Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

  • Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
  • Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
  • Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".

Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!

GUÍAS DE LECTURAS EN GALEGO (E. PRIMARIA)

Un ano máis a Coordinadora de EDLG do Morrazo, pensando sempre nos nenos de tódalas idades, ofrécenos unha selección das mellores novidades de libros en galego. Sería moi recomendable que as súas maxestades os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador se acordasen de traernos a todos algún destes libros ou CDs.

Día das Persoas con Discapacidade

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.

Papiroflexia con...Luís Lores

Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.

Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Así conmemoramos todos xuntos esta data.

Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.

 

Magosto 2022

O pasado día 11 de novembro, celebramos o tradicional Magosto no CEIP Sequelo. 

O día presentouse estupendo, facendo honra ao tradicional "veranillo de San Martiño",  houbo xogos tradicionais e castañas a fartar. 

Mentras os nenos e nenas xogaban cos mestres, a ANPA Aidón ocupouse de asar as castañas.

Por certo o xogo do "trompo", resultou todo un éxito; a ver se o recuperamos e como di o refrán volvemos a ver "polo San Martiño trompos ao camiño".

Que máis se pode pedir!!! Qué ben o pasamos!!!

Actividades sobre compostaxe

Dentro das propostas introductorias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" estivemos realizando varias actividades sobre compostaxe, a cargo de "Revitaliza" que culminaron coa posta en marcha, o pasado día 7, do composteiro do colexio.

Por se vos esquecedes de algo, aquí vos deixamos un enlace á páxina de "Revitaliza" para que poidamos recordar que é; e que materiais se poden compostar.

A compostaxe é unha boa forma de empezar a protexer o noso planeta.

Debuxos e contos... de medo!


 

Romance da Lavandeira da Noite

As lavandeiras da noite son personaxes mitolóxicas espalladas na tradición popular da península, especialmente polo Norte; son mulleres condenadas a lavar eternamente as roupas ensanguentadas dos seus miniños mortes.  Se as topas de noite no teu camiño e te invitan a retorcer, os alumnos de 6º xa saben que é mellor non negarse e retorcer no mesmo sentido ca elas, para que logo nada che pase.

A partir deste romance que a primeiros do século pasado se recolleu a unha cega en Folgoso (Cerdedo), ademais de cantalo, reestructuran o romance para xogar coa poesía por medio dun acróstico. ADIVIÑADE!!

Un Samaín inesperado

"Un Samaín Inesperado" é un relato de terror que os alumnos de 5º elaboraron situándoo nunha illa que xurdiu da néboa do mar.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.