EDLG
Contacontos en Familia. Clase de 1º.
Enviado por inesduran o Mar, 19/03/2024 - 14:06Recollida de Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas
Enviado por josean o Dom, 17/03/2024 - 14:25Este ano imos participar dende a Radio Tuxiña co Proxecto Ponte nas Ondas no Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras, e o ensino formal.
Importante que as fotos que nos traiades SEXAN ORIXINAIS e de antes dos anos 70.
Como temos alumnado de distintas orixes, invitámolos tamén a que nos traian fotos do patrimonio cultural do seu país de orixe.
Como exemplo do que se pretende que sexa esta recolleita, deixámosvos o que fixo Darío Pereira Omil de 5º, cunha foto que lle cedeu o seu avó.
Man non está só (17 de Marzo día do Cómic)
Enviado por josean o Dom, 17/03/2024 - 11:17A finais de Febreiro a Asociación marinense "Non estamos sós" co gallo de visibilizar a situación dos nenos e nenas con enfermidades raras, no cartaz que editaron aparecía un boneco que nos gustou moito. Houbo, os menos, que se decantaron por dicir que era un axolote; a maioría falou dun Pokemon emparentado con Charmander.
O boneco como dixen pareceunos atractivo, e como en quinto estabamos traballando co Cómic clásico español, pois a iso se puxeron os alumnos coa personaxe. De seguida nos decatamos que necesitaba un nome e como a súa cara semellan dúas mans, o nome veu só.
Que día mellor co día Mundial do Cómic, entón para publicar as historias de Man.
O noso cole!
Enviado por laurarialf o Sáb, 16/03/2024 - 17:04Se aínda non coñecedes o noso cole, dádelle clic ao vídeo! Tendes ata o 20 de marzo para realizar a solicitude e vir a aprender e xogar con nós o próximo curso!
Cómic Interactivo
Enviado por josean o Ven, 15/03/2024 - 23:53A partir de persoaxes do programa Scratch e dentro do proxecto Digicraft creamos esta animación-cómic interactivo
Lectura Dixital: E-LBE.2
Enviado por inesduran o Ven, 15/03/2024 - 17:44O Sequelo Cociña...edición entroido!
Enviado por laurarialf o Mér, 13/03/2024 - 18:43Esta vez o Sequelo cociña tocoulles aos nenas e nenos de 5º EP que estiveron mans á obra durante todo o entroido! Mirade canto traballaron e que receitas máis ricas nos presentan.
Aquí tendes un vídeo con diferentes receitas de como facer filloas
Neste podedes coñecer unha gran variedade de receitas
Por último, facer mención á receita de Issam que nos presenta unha sobremesa un tanto diferente: unha receita marroquí!
Moitas gracias a todos e a todas pola vosa colaboración!
Cancións e Bailes polo Día da Muller
Enviado por inesduran o Mar, 12/03/2024 - 01:28Conferencia dos nenos e nenas de Infantil co Carballal
Enviado por laurarialf o Dom, 10/03/2024 - 17:55
Os nenos e nenas de infantil tiveron unha videoconferencia moi especial no cole: coñecemos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe do Carballal! Durante un bo rato estivemos falando con eles e elas: contámoslle como fora o noso entroido e como fomos disfrazados e tamén puidemos escoitar como o pasaron eles e de que foron disfrazados e disfrazadas.
Foi moi emocionante!
2º Intercambio de cartas co Carballal
Enviado por laurarialf o Dom, 10/03/2024 - 17:48Os nenos e nenas de 3º e 4º levan xa uns días escribindo as súas cartas para contarlles ao compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe do Carballal o ben que o pasaron no entroido. Esta semana, por fin recibimos a súas segundas cartas, que ganas tiñamos de que chegaran!
Aquí tendes unhas imaxes do ilusionados e ilusionadas que estaban lendo as cartas.Os nenos e nenas de 3º e 4º levan xa uns días escribindo as súas cartas para contarlles ao compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe do Carballal o ben que o pasaron no entroido. Esta semana, por fin recibimos a súas segundas cartas, que ganas tiñamos de que chegaran!
Aquí tendes unhas imaxes do ilusionados e ilusionadas que estaban lendo as cartas.
Visita de David Rodríguez, autor de "Superavoa".
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2024 - 17:10Este pasado venres 8 de marzo visitou o colexio David Rodríguez, autor de "Superavoa", que fixo a delicia dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Deixámovos unha pequena mostra do que aconteceu.
Semana da Prensa: Prensa en Feminino
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 22:12Durante esta semana o noso alumnado traballou artigos de prensa relacionados coas mulleres traballadoras, as loitadoras, coa Igualdade.
Segundo os cursos utilizaron a prensa tradicional ou a dixital.
O tema principal foi proposto polo Concello:
As mulleres farmacéuticas;
pero tamén se escribiu
sobre aquelas mulleres traballadoras da Vila noutros sectores, por exemplo, os oficios relacionados co Río Lameira, deportistas, artistas...
Entre as páxinas deste xornal tamén se poden atopar pasatempos;
Visitas en 1º polo 8 de Marzo
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 14:54Kahoot sobre o río Lameira.
Enviado por Miguel o Xov, 07/03/2024 - 21:31O alumnado de 2º elaborou un Kahoot relacionado co PDI do colexio deste ano. Animádevos a facelo e a ver cantas preguntas respostades ben. Moita sorte!
Facede clic na imaxe:
Ou xogade directamente en formato pequeno poñendo o voso nome
Recomendacións lectoras para o 8M
Enviado por inesduran o Dom, 03/03/2024 - 18:55Entrevista á profe Laura Rial
Enviado por josean o Lun, 26/02/2024 - 02:20Sophie, María, Alba, Ainhara, Diego Soaxe, María e Leire entrevistan á profe Laura e descubren o motivo que a levou a querer ser mestra.
Multimetro
Enviado por josean o Dom, 25/02/2024 - 18:25Na mesa de ferramentas que o proxecto de Polos Creativos nos aportou, viña este aparatiño, e grazas a que o noso conserxe sabe un chisco de eléctronica guiounos para comprender dúas ou tres cousiñas da súa útilidade e os nenos de 5º de seguida o aplicaron ao traballo con circuitos.
Día de Rosalía de Castro.
Enviado por Miguel o Ven, 23/02/2024 - 21:00O alumnado de 2ºA fixo un pequeno vídeo recitando o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar", que xa fixeran por escrito acompañado de debuxos.
Día de Rosalía. 23 de Febreiro.
Enviado por inesduran o Ven, 23/02/2024 - 20:28- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »