Coñecimos de primeira man un deporte descoñecido, a Halterofilia, visitando as instalacións do clube Rías Baixas.
Había un pavillón que por fóra parecía xigantesco.
Si, parecía que xa chegaramos ao pavillón de halterofilia. Entramos e...
Quedamos alucinados: había moitas cousas e incluso un circuíto. Empezaron explicándonos cousas sobre a halterofilia, e logo dun rato, empezamos a quentar. Algúns quecementos tiraban un pouco.
A continuación fixemos tres grupos e empezamos a facer as actividades. Ao meu grupo, primeiro, tocounos facer pesas cuns paus de madeira que case non pesaban e despois usamos uns que eran de aluminio, e xa pesaban un pouco mais.
A continuación tivemos que facer un exercicio no que se trataba de chegar o máis lonxe con solo tres saltos e saltar sobre unhas rodas que cada vez estaban máis separadas.
Saímos afora do pavillón e fixemos un sprint moi curto; e ao final tiñamos que dar un salto e estirar a man o mais alto posible. Para rematar, fixemos lanzamento de pesos.
Feito por Jorge Fernández Beloso 6º B
Enviar un comentario novo