Responder ó comentario
XIV CERTAME DE RELATO CURTO CONCELLO DE MARÍN
Enviado por josean o Mar, 17/05/2016 - 16:08Hai moito tempo que entendimos que o obxectivo final das materias de lingua castelá e galega vai moito máis aló que a metalingüística (gramática, ortografía...) O seu obxectivo último é que os rapaces sexan quen de expresarse de xeito oral e escrito, e imos dando pasiños.
Como todos os nosos nenos presentaron traballos non sabería con cal quedarme. Dende o concello elixiron premiar o de Aixa Sanjorge Boullosa co primeiro premio na súa categoría polo seu relato "O home das pedras", e a nos pareceunos ben, como ben nos parecería se premiasen a calquera outro dos nosos rapaces.
A da placa é Aixa. Parabéns a todolos rapaces que presentaron traballos e se interesan ao mesmo tempo polas nosas letras