Responder ó comentario
VISITA DA POETA LUCÍA NOVAS POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Enviado por josean o Ven, 06/03/2015 - 23:30Un dos nosos obxectivos, como centro educativo, é o de achegar sempre e en calquera momento, dun xeito o máis vivido posible a literatura as nosas aulas. Amosarlles que eles poden ser actores nese proceso, da escrita, valorar a súas achegas, amosarlles camiños e abrirlles portas. Iso foi o que pretendimos esta mañá ao achegarlle a obra de mulleres galegas que ata o de agora nin lle soarían: Ana Romaní, Mª Xosé Queizán, Filomena Dato, Andrea Nunes Brións, Elvira Riveiro... e en representación de todas elas estivo a poeta da veciña vila de Bueu Lucía Novas Garrido a quen lle agradecemos a súa presenza no noso colexio para falarlles aos nenos da poesía e recitar con eles.
"SON a selvática serpe lamacenta, recuberta
de obsidiana, de lava candente;
son a malísima feiticeira que agocha
a súa beleza entre sabugueiro e fento,
a que traballa de sol a sol para gañar
millo
e especias,
a das mans con calos e terra
de laboura intensa."