Responder ó comentario

GALEGO DE CINE EN MARÍN

Galego de cine achega ás nenas e nenos galegos unha experiencia única no cinema máis pequeno do mundo.  En cada unha das 100 localidades ás que se despraza esta caravana convertida en sá de proxección, os máis pequenos da casa disfrutan dun

ha selección das mellores curtametraxes en galego. Eles mesmos son os encargados de escoller os contidos da carteleira para, seguidamente ao visionado, valorar as súas peliculiñas favoritas.


Si, primeiro xestionan o seu pequeno cinema, e logo eles fan a súa propia curta para verse en pantalla. Botando man da súa desbordante imaxinación espontánea, cada un eles constrúe unha pequena parte dun video-conto. E cun pouco de maxia, antes de marchar para a casa, convidan aos maiores que os acompañan á estrea da súa propia peli.

Non hai máis que verlles a cara mentres miran a pantalla. Unha actividade lúdica na que o galego é a lingua de comunicación natural e coa que todos acabamos aprendendo.

Finalidade
· Ofrecer unha actividade lúdica co galego como medio de comunicación normalizado.
· Espertar o interese pola creación artística en galego.
· Propiciar a adquisición de vocabulario novo.
· Coidar a corrección lingüística fonética e ortográfica.
Como o facemos
Coñecernos, xogar, imaxinar, contar

Tres profesionais encárganse de levar a cabo a actividade facilitando o ambiente lúdico e distendido preciso. Da man do revisor das palabras, as nenas e nenos participantes convértense nos protagonistas dunha experiencia única e diferente co galego que dura aproximadamente tres horas.

Tralas presentacións previas e reparto de chapas, escollemos as peliculiñas da carteleira que se proxectan no cinema máis pequeno do mundo. Cada unha achéganos a un universo diferente co que xogar. Ao rematar votamos canto nos gustan en papeletas de votación. Do mesmo xeito, pouco a pouco (a pouco) imos construíndo o seu conto que gravamos entre todos e estreamos no cine antes de que remate a xornada como se fose por arte de maxia.

Esta actividade terá lugar en Marin, o domingo día 16 de Setembro, na alameda Rosalía de Castro. Os rapaces interesados poden anotarse hoxe e mañá no concello ou o mesmo día na caravana. O aforo e de 20 nenos!.


Responder

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.