Hoxe cumprimos unha semana xa de confinamento dentro das nosas casas, que nos fai sentir que non sabemos moi ben en que día vivimos, polo que moitos de nós nin sequera nos decatamos de que hoxe empeza a primavera.
Pois que mellor comezo da primavera que escoitar precisamente a obra "A primavera" das "Catro estacións" de Vivaldi.
Xa sei que a escoitamos e traballamos na clase moitas veces, pero esta vez podédelo facer en familia axudados deste sinxelo musicograma. E ao mellor (sobre todo os de 5º e 6º) incluso vos animades a escoitar o resto das "Estacións" e aprender un pouquiño máis da vida do compositor Antonio Vivaldi.
Lembrade visitar regularmente o blog de música onde encontraredes outras propostas.