Desde hai uns anos as palmeiras están sufrindo a peste dun insecto que podería terminar nun curto espazo de tempo con elas.
Neste caso, o diaño é un escaravello que na súa fase adulta pode medir entre dous e cinco centímetros; vermello, con ás raiadas en negro, que vive e se alimenta dentro da base das follas das palmeiras.
Podedes observar o insecto en diferentes fases do seu crecemento: ovo, larva, pupa, capullo e adulto e xa como un escaravello pode voar ata un radio de tres quilómetros para que a peste se estenda con moita facilidade. O problema agravouse aínda máis porque teñen moitas crías e pode ter ata tres xeracións ao ano.
Hai palmeiras femias e machos. As últimas teñen a copa máis compacta e esmagada e aparecen comprimidas cara ao eixe vertical; as femias, son máis abertas e redondeadas ademais de dar flores e froitos. O besouro ataca principalmente aos machos por ser máis tenros e máis doados de perforar.
Pódese notar que a palmeira se atopa infectada se se nota un colapso xeral da coroa de follas e se as follas do penacho central van perdendo verdor e pasando ao amarelo.
A palmeira sufre danos principalmente polas larvas do picudo vermello porque se cría dentro da palmeira e parcialmente se alimenta das partes mais tenras da palmeira. Entón fai que a palmeira morra.
O maior problema é que os síntomas se detectan demasiado tarde e cando aparecen adoitan ser tan severos que a palmeira acaba morrendo. É triste ver que o principal factor no desenvolvemento da peste foi a acción do home que, ao transportar plantas infectadas, abriu a posibilidade ao pequeno insecto de conquistar novos territorios.
A palma canaria e a palmeira son plantas cun crecemento relativamente lento, tardan case 50 anos en crecer seis ou sete metros e o picudo vermello pode matalos todos en poucos anos, polo que debemos poñer todos os medios necesarios nesta guerra contra o malvado insecto.
Traballo feito por Lucas Gomis Domínguez e Nayara Ubeira González 6º B